4 mar 2009

Sento-logo-Existo



Hai dúas cousas que o home non pode ocultar : que está borracho e que está namorado .
( Antifanes , comediógrafo grego ).




...e por fín alí estaba ela , alí sentada , soia naquela vella biblioteca de Montparnasse . A luz lene e dourada do flexo iluminaba a marxe oeste do seu rostro....e decidínme camiñar cara ela....os meus lentos pasos cruxían nas antigas taboas de madeira do piso .....os meus tacóns xogábanme esta vez unha mala pasada ......e o meu organismo entrou en estado de ebullición, meu frívolo
hipotálamo enviou unha mensaxe concisa ás miñas revoltosas glándulas suprarrenais que secretaron ás temidas adrenalinas e as aínda peores noradrenalinas.....nese preciso intre notei como a miña presión arterial sistolítica subía ata límites insospeitados por min até agora......e de paso liberei inconscientemente azúcares e grasas suficientes para confitar un pastel de mazá ou de Pomme...... O meu sistema nervioso estaba sometido a un ataque extrano e brutal ..... unha treboada química azotaba tódolos meus folículos pilosos , a veixiga , os xenitais e aínda máis , deixou moi mermada o meu outrora preciso músculo intestinal.......todo sucedía a velocidade de vértixe....¡ constricción¡ , ¡ dilatación ¡ , ¡ secrección ¡..... e pouco a pouco entrei no reino do... Sento-logo-Existo...... o territorio onde a razón é un intruso .


Antifanes de Búrbida.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Hai amor físico e amor sentimental que revolve o físico,...qué cousas ¡por amor! Segundo Descartes, o físico e o anímico xuntábase no cerebro, no hipotálamo (que a CalnDestina filosófica me corrixa se me equivoco).
Son dous en un e un en dous, curiosa reflexión, Antifanes de Búrbida
AnaBel Lee

Anónimo dijo...

Excelente...soberbio...maxistral!!!
Con ese toque sardónico Antifanes de Búrbida fai un recorrido descriptivofilosóficohumorístico pola sintomatoloxía do enfermo de amores ou namorado...cun final apoteósico que o mesmo vale para o amor que para as comidas, que por muy excelentes que sexan...acaban facéndonos reflexionar...

Unha perla coa que nos deslumbra unha vez máis este ilustre arqueólogo e escritor...

Anónimo dijo...

Brilante, fresco, gracioso,ocurrente...xenial!!! Antífanes Búrbida...meus mais sinceros parabéns,disfrutei moitíiiisimo.