30 mar 2009

EU NON FUN .


Anda vaia fotos ¡¡ , do colexio ¡¡ , ¿ onde as atopaches ?, buff canto tempo ¡¡ polos menos de 1984 , joder xa choveu eh ?....Mira mira ahí estamos ti e máis eu xogando ás bolas no recreo , que pintas ¡¡ , hostia e aquel ? aquel non é ....non era... Tomás.......(Silencio....anos e anos de silencio).

Abro o caderno de exercicios e escribo " 13 de Noviembre de 1984 " , clase de matemáticas , o Director , o Director daba matemáticas e Lengua Española , pero hoxe as 10 da mañá toca matemáticas co Director , este aprendiz de carniceiro e reducto final do maxisterio do Réxime , este energúmeno de cara colorada e bigotes finos chama por min coa súa voz chillona cáseque de muller....
- " ¡¡ Roberto , Roberto Alonso Alonso al encerado ¡¡

Méxome un pouco nos calzóns e cágome mil veces nos meus apelidos , ¿¿ Porque se ten que empezar sempre pola "A" , porque non pola "Z" ??
Levantome a presa do pupitre e cos nervios tiro a silla coa carteira ó chan , fai moito ruído pero ninguén rí ....nas clases do Director ninguén rí......nas clases do Director ninguén mira máis aló da parte metálica do pupitre onde repousan o boli , o lápis e a goma...¡ quen fora goma de cheiro a fresa¡.....

-" Roberto coge tu libreta y copia en el encerado los deberes de ayer "

Cómo sabe o moi cabrón quen fai e quen non fai os deberes ese mesmo día...un lóstrego abanea o ventanal da clase.... a saraiba amortigua o rebumbio do tráfico.

-" No los hice profesor , me olvidé "

A pesares de estar mirando abaixo, cara o núcleo duro da Terra , noto como da súa boca brota un colmillo no medio da saliva da súa porca sonrisa , noto os seus ollos sanguentos esculcando a presa , presinto o pracer que lle produce ter a vítima ós seus pes , o cordeiro preparado para o sacrificio.....
E o Director abre o seu caixón e saca a súa arma preferida , a vella regra de madeira de buxo dun metro. Pouco a pouco e dignamente remango o meu xersey e ofrezo a miña pequena man á mercede do inquisidor . Recibo o meu castigo . Choro baixo. A lección aprendida , a clase rematou.

Eu tampouco son un santo , xa o sei , teño levado tiróns de orellas doutros profesores....pero este Director.... quixera medrar tanto coma meu irmán para.... bueno non sei , nesta clase tranquila de Ciencias Sociais planifico unha revancha.....remata a clase, levántome e escribo na pizarra " Director Cavron " antes de que volva entrar o inquisidor para da-la clase de "Lengua"

Os demais nenos , asustados róganme que borre a pintada , pero xa non hai tempo , o mal xa está feito e arrepíntome mortalmente da miña tolemia ....un segundo , dous , tres e entra na clase o Director , durante dous minutos non se percata da afrenta que ten as súas costas , unha minúscula victoria....pero finalmente dase a volta ...nese intre son consciente dos meus actos , o Director inspira..

- ¿¿ Quién ha escrito esto ?? di con voz moi baixa....
Repite a pregunta outra vez , pero esta vez a min a modo individual. Mexo por min por segunda vez esta mañá....a regra de buxo axítase nerviosamente , quere entrar en acción e volve repeti-la pregunta....

- Eu Non Fun , digo finalmente.....pero non me sinto liberado....

-Pues visto que quién lo ha escrito es un verdadero asno en Lengua , castigaré al más asno de la clase en esta materia ....¡ Tomás! , el burro de Tomasiño , ven aquí ¡ , ven aquí ¡

Ó pequeno Tomás non lle deu tempo de abri-la man , reciviu un vareazo no lóbulo temporal que lle produxo un derrame cerebral . Deus non quixo esta vez deter o sacrificio . Tomás morreu ó cabo duns días.

O Director temendo polo seu cargo , ameazounos con outra morte.....e que ía dicir eu , son tan culpable coma el.


4 comentarios:

Redes Chronicle dijo...

Volta de novo dende anonimato un estremcedor relato de infancia, deses que marcan o devenir da vida de calquer neno...saen a palestra os métodos salvaxes de certos profesores con vía libre para dar renda solta ós instintos máis baixos do ser humán...onde a gravidade multiplícase por catro ó tratarse dun pedagogo...dun moldeador de espíritus...do que dependen en certa medida os homes do mañán...como en tódalas historias de inxustizas...a víctima o máis inocente...
Gran relato escrito coa rabia e a forza do sentimento...absolutamente recomendable...

Jandro X. dijo...

...E vamos aumentando o nivel de forma exponencial. Tremendo relato, si señor/señora/señorito/señorita.

Anónimo dijo...

Todos vivimos nalgún momento ese acojone profesor/pizarra/castigo,...hai quen, incluso, quedou petrificada con visita ó ambulatorio de urxencia! Je, je,..qué bó é crecer! Moi bo, señor/a anónim@! Moi bo.
Anabel Lee

Anónimo dijo...

Fantástico relato!! O medo con cheiro a tiza e húmida aula tinguida da cor sepia do tempo!!!