30 mar 2009
EU NON FUN .
Anda vaia fotos ¡¡ , do colexio ¡¡ , ¿ onde as atopaches ?, buff canto tempo ¡¡ polos menos de 1984 , joder xa choveu eh ?....Mira mira ahí estamos ti e máis eu xogando ás bolas no recreo , que pintas ¡¡ , hostia e aquel ? aquel non é ....non era... Tomás.......(Silencio....anos e anos de silencio).
Abro o caderno de exercicios e escribo " 13 de Noviembre de 1984 " , clase de matemáticas , o Director , o Director daba matemáticas e Lengua Española , pero hoxe as 10 da mañá toca matemáticas co Director , este aprendiz de carniceiro e reducto final do maxisterio do Réxime , este energúmeno de cara colorada e bigotes finos chama por min coa súa voz chillona cáseque de muller....
- " ¡¡ Roberto , Roberto Alonso Alonso al encerado ¡¡
Méxome un pouco nos calzóns e cágome mil veces nos meus apelidos , ¿¿ Porque se ten que empezar sempre pola "A" , porque non pola "Z" ??
Levantome a presa do pupitre e cos nervios tiro a silla coa carteira ó chan , fai moito ruído pero ninguén rí ....nas clases do Director ninguén rí......nas clases do Director ninguén mira máis aló da parte metálica do pupitre onde repousan o boli , o lápis e a goma...¡ quen fora goma de cheiro a fresa¡.....
-" Roberto coge tu libreta y copia en el encerado los deberes de ayer "
Cómo sabe o moi cabrón quen fai e quen non fai os deberes ese mesmo día...un lóstrego abanea o ventanal da clase.... a saraiba amortigua o rebumbio do tráfico.
-" No los hice profesor , me olvidé "
A pesares de estar mirando abaixo, cara o núcleo duro da Terra , noto como da súa boca brota un colmillo no medio da saliva da súa porca sonrisa , noto os seus ollos sanguentos esculcando a presa , presinto o pracer que lle produce ter a vítima ós seus pes , o cordeiro preparado para o sacrificio.....
E o Director abre o seu caixón e saca a súa arma preferida , a vella regra de madeira de buxo dun metro. Pouco a pouco e dignamente remango o meu xersey e ofrezo a miña pequena man á mercede do inquisidor . Recibo o meu castigo . Choro baixo. A lección aprendida , a clase rematou.
Eu tampouco son un santo , xa o sei , teño levado tiróns de orellas doutros profesores....pero este Director.... quixera medrar tanto coma meu irmán para.... bueno non sei , nesta clase tranquila de Ciencias Sociais planifico unha revancha.....remata a clase, levántome e escribo na pizarra " Director Cavron " antes de que volva entrar o inquisidor para da-la clase de "Lengua"
Os demais nenos , asustados róganme que borre a pintada , pero xa non hai tempo , o mal xa está feito e arrepíntome mortalmente da miña tolemia ....un segundo , dous , tres e entra na clase o Director , durante dous minutos non se percata da afrenta que ten as súas costas , unha minúscula victoria....pero finalmente dase a volta ...nese intre son consciente dos meus actos , o Director inspira..
- ¿¿ Quién ha escrito esto ?? di con voz moi baixa....
Repite a pregunta outra vez , pero esta vez a min a modo individual. Mexo por min por segunda vez esta mañá....a regra de buxo axítase nerviosamente , quere entrar en acción e volve repeti-la pregunta....
- Eu Non Fun , digo finalmente.....pero non me sinto liberado....
-Pues visto que quién lo ha escrito es un verdadero asno en Lengua , castigaré al más asno de la clase en esta materia ....¡ Tomás! , el burro de Tomasiño , ven aquí ¡ , ven aquí ¡
Ó pequeno Tomás non lle deu tempo de abri-la man , reciviu un vareazo no lóbulo temporal que lle produxo un derrame cerebral . Deus non quixo esta vez deter o sacrificio . Tomás morreu ó cabo duns días.
O Director temendo polo seu cargo , ameazounos con outra morte.....e que ía dicir eu , son tan culpable coma el.
28 mar 2009
O LOBISHOME
Nestas elucubración atopábame sumerxido, cando espertei de golpe, decatándome que non collera chaves...eran as catro da mañá...e agora qué? Nun alarde de inxenio ou iso me pareceu a min...probei coa porta do cortello pequeno, onde Matías...o noso porco, durmía a perna solta...sabe Deus...en que lonxanos mundos de tercerilla e landras...pois nen o ruido ó forzar a porta, nen a posterior fuciñada contra o cunco de pedra, sacaron a Matías dos oníricos mundos de fartura...Alí pasei toda a noite...cuberto pola maldita pel de lobo, para non pasar fríos innecesarios, que máis valera coller unha pulmonía...de saber o que logo acontecería coa miña vida...E así convertinme en lobishome...por casualidade e causalidade, coma quen non quere a cousa...eu que sempre fun de carácter frouxo...un sin sangue...quen o ía a pensar...
E así me atopo, de queixa en queixa, resignado a miña sorte...sen poderllo contar a ninguén, non vaia a selo demo que vaiamos de Guatemala a Guatepeor...que xa me teñen por raro...sen saber do conto a metade...Agora xa non espero miragre algún...o único que espero, cando toca...é en calzóns...pois sempre tiven un grande sentido do pudor, que un podera ser o que se queira, pero as "vergoñas" deixanse para outro tipo de intimidades máis satisfactorias...tamén o fago por aforrar, que non hai roupa que chegue nin presuposto que aguante, nin fondo de armario (do que por outra banda carecía, carezo e carecerei...) coa capacidade suficiente para aguantar tanta fase luar...que o ano, nunca está contento...e veña a cambiar de lúa...agora esta...agora estoutra...e así todo o tempo...mes tras mes, ano tras ano, lustro tras lustro...que si enche e devala mares, que non fará con catro trapos mal cosidos e desgastados dos que eu podía dispoñer...catro cando non eran tres...
Foi isto, que tamén tiven que adicar horas de patacas e cebolas ó latrocinio...máis propio de mulleres (polo menos nesta categoría ) que de varóns (sen título nobiliario por suposto), paseándome ás agachadas por tódolos tendais da comarca...cun saco na cabeza...con tres improvisados buracos, dous para poder mirar algo...o que non sempre daba resultado,e un para mal repirar, sobor de todo cando máis dunha vez tiven que sair por pernas, con algún que outro vareazo adornándome o lombo...eu que sempre fun máis de estar cómodamente deitado que de atléticos pasatempos...que nin a pelota xogaba, por non cansarme...e agora véxome nestes traxemanexes...si é que canto mailo penso...máis gañas teño de que me enchan de prata as nobres aurículas e ventrículas que regan desa lunática sangue este corpo canso...que nen sequera me pertence...
Anonimacrónico
9 mar 2009
5 mar 2009
AMOR
Entre sombras roubasme, apropiaste do meu agazapado corazonciño, abres coma un peto o meu peito e trabasme no mais profundo do meu tinguido ser, o cal so pode ferir a idea de que te alonxes, de que te afastes máis lonxe de onde eu te poda apertar.
Pouco a pouco o teu cor e textura fundense cua miña pel nun baile etereo de bagoas de suor frio froito do noso belo exercicio de aurea sensualiade.
Quizáis e porque son un novato... ¿pero que lle pasa o meu estomago? que bichos revolotean ahi dentro??
É posible que esta noite me consumas e ensumas pero quizáis xa este perdido, asi que pasame esa fría copa e continuemos xirando...
Señoras e señores son unha broma de min mesmo unha pelele enchoupado de whiskey, una version macabra dunha tórrida noite de verán que me absorve e translada lonxe dunha realidade tardía da que so podo comprender... que eu so quero que continues preto de min.
PURPLE OCTOPUS
4 mar 2009
Sento-logo-Existo
Hai dúas cousas que o home non pode ocultar : que está borracho e que está namorado .
...e por fín alí estaba ela , alí sentada , soia naquela vella biblioteca de Montparnasse . A luz lene e dourada do flexo iluminaba a marxe oeste do seu rostro....e decidínme camiñar cara ela....os meus lentos pasos cruxían nas antigas taboas de madeira do piso .....os meus tacóns xogábanme esta vez unha mala pasada ......e o meu organismo entrou en estado de ebullición, meu frívolo hipotálamo enviou unha mensaxe concisa ás miñas revoltosas glándulas suprarrenais que secretaron ás temidas adrenalinas e as aínda peores noradrenalinas.....nese preciso intre notei como a miña presión arterial sistolítica subía ata límites insospeitados por min até agora......e de paso liberei inconscientemente azúcares e grasas suficientes para confitar un pastel de mazá ou de Pomme...... O meu sistema nervioso estaba sometido a un ataque extrano e brutal ..... unha treboada química azotaba tódolos meus folículos pilosos , a veixiga , os xenitais e aínda máis , deixou moi mermada o meu outrora preciso músculo intestinal.......todo sucedía a velocidade de vértixe....¡ constricción¡ , ¡ dilatación ¡ , ¡ secrección ¡..... e pouco a pouco entrei no reino do... Sento-logo-Existo...... o territorio onde a razón é un intruso .
Antifanes de Búrbida.
A memoria dos amantes
3 mar 2009
Ti, eu, nos os dous
...un bico amor.
Vigilius Haufniensis
1 mar 2009
O día de hoxe sí que é unha historia para non durmir ¡
( Exegis XIII. Los que no perdonan. )