O caso é que me lembro de que estiven a piques de ser concibido en duas ocasións anteriores pero o azar e os nervos da miña nai o impediron. Lémbrome de non querer que sucedese tal acontecemento chamado concepción precisamente por non ter nengún plan, si oh! , nengún "plan de vida". Índa non era o momento e malia os dous fallos aí vin á chamada tópicamente "terceira vencida"( deixeime gañar).
Foron longos os nove meses e 25 días, negábame a sair, non era por amolar ,era por non saber a razón do meu nacemento, como ía vir a este mundo sen ,...sen finalidade? De non atopar prontas razóns víame irremediablemente abocado a ser un maleante, un vagamundo, un ninguén!!.
Pronto me puxeron un nome baixo o rito que por tradición e non por crenza se levaba na vila ( "por ser coma todos",dicía miña nai ) isto foi meu primeiro grande enfado , chorei e chorei ata me fartar ( e fartar ós demais, por que non dicilo, mais isto dábame igual) chorei e decidín vingarme, mais... coma non tiña un obxectivo ...nesta vida... decateime de que isto- a vinganza- era algo secundario... e pronto se me olvidou , esquencín a miña vindicación atea aíndaque a partires disto decidín ser un materialista, dedicín alonxarme todo o posible desas supercherías tan incribles que sustentaban as crenzas e rezos da miña nai .Ela se queixaba e ate lle escoitaba dicir moi a miúdo entre choros ( eses choros tan parvos que ás nais lle gusta lucir cando queren conseguir algo) que " non sabía que ía ser de min..."
... eu mesmo repetíame isto:- "eu xa o sabía!, xa o sabía!, mais ela in-cons-cien-te-mente decidiu ter un fillo coma quen vai comprar un abrigo por renovalo vestidor e non por real necesidade, ela me trouxo a este mundo sen un plan, e agora lamentábase a diario.
(...decidín pasar desapercibido, non soportaba tan dramáticos espectáculos...non levaban a nengures. )
A medida que pasaba o tempo mais me aguriaba, non sabía quen era, tiña un nome que non me gustaba, uns pais que non facían mais que queixarse de que "non era coma eles", un barrio alleo ,frío coma o día do meu nacemento ...estaba perdido, completamente perdido, no peito un constante signo de interrogación...todo era unha decisión que non sabía tomar!!!.e..
... transformeime nun pusilánime.
... isto non foi buscado , o xuro!! ...Que podía facer? ...Non me xulgedes, eu vin así , sen sentido a este mundo, que podía facer?, era meu sino....eu non podía permitirme tomar decisións ociosas, (lembrades que me estaba facendo a min mesmo?, estaba tentando trazar un plan de vida que viña en branco e que so eu podía configurar ).
Pasados os anos chegou a hora de marchar de casa( mais que nada foi explícitamente suxerido polos meus pais, e a miña condición de pusilánime fixo que aceptase o proposto se rechistar)...
-"Xa tes 36, duas carreiras, un traballo de repartidor de pizza a domicilio e un piso pagado por nos...busca unha boa muller, ten fillos...ó millor así estarás mais contento meu amor?"
...meu amor? Estábanme votando...con amor? !!!.
Bueno, esta era unha nova etapa, asuminno, decateime de que estaba outra vez so... Decicir o cotiá foi unha salvación finalmente pois me alonxaba dos grandes problemas que me anguriaban de forma tan aplastante, eran grandes principios, grandes cuestionamentos que non tiñan resposta...sustituínnos por problemas con solución adxunta coma : non teño que me vestir-(Solución: )lava a roupa. Esta foi a gran saída dá miña vida.
... e si, miña nai tiña razón, casei, un amigo do compañeiro da moza do meu tío deume un traballo coma enxeñeiro nunha empresa de hidráulica aplicada á produción de maquinaria para xerar xeo e pouco despois vivín, inconscientemente pero vivín. Superei a miña fase pusilánime e fíxenme un mais neste mundo.
...Fíxenme un mais neste mundo, doado...os obxectivos xa viñan rodados...
Johannes de Silentio
5 comentarios:
Johannes de Silentio aborda con ironía a concepción e liña vital dun novo ser...que dende o "principio do principio" négase a convertirse en masa, rebelándose contra un sistema establecido e perfectamente coexionado...pero sempre dende a comodidade estática...acabando(por desexo ou desánimo) por formar parte do entorno...
Queda no aire se estamos ante unha claudicación en toda regla ou ante unha pequena victoria...
Os problemas vitais do ser humano, a necesidade de ser aceptado, de formar parte de algo.
Que se podería facer para que os nenos/as teñan a oportunidade de elexir vir ou non vir a este mundo?
Ofrecerlles un mundo mellor?
Ser os pais/nais mais conscientes do que significa unha nova vida?
Ter moita ilusión polo neno/a que virá?...
É unha reflexión que me suxiere o teu relato, Johannes de Silentio
".... J. de Silencio aborda a crise existencial de principios do S.XXI cun cínico humor, que agocha as miserias egocéntricas e resultadistas da nosa sociedade nas bocas de moitas nais/pais ...."
"...J.De Silencio en su mejor momento.."
(Diario La Razón)
Primeiro materialista, despois pusilánime.... Pobre neniño, non atopa sentido o seu nacemento.
A eterna dúbida: Onde veño? Onde vou? Quen son?
Un relato moi interesante. Grazas
Publicar un comentario