12 dic 2008

Doce tofe

Suor. Érgome. A boca sábeme a unha amálgama de empastes e tabaco, surrealistas manchóns cobren o papel pintado do gris habitáculo con cheiro a humidade e acidez no que me atopo. Diríxome cara ó pequeno e desordeado salón, prepárome unha copa de coñac despois de rebuscar entre os numerosos cascos baleiros que tapizan o que algún día tivo pinta de ser un brillante parquet.

Unha ondanada de frío golpéame a suorenta e despoblada cachola, e me fai recuperar a consciencia, e poñer os pes na séptica terra que piso. "Todo foi un sono, un belo sono" repítome a min mesmo mentres os meus beizos retiran un pito que en breves ambientará a habitación cun fume que describe fermosas curvas e contracurvas non seu inevitable ascenso. De súpeto o son de dúas bágoas precipitándose contra o chan, curta o silencio sepulcral da sala, por uns intres tiven unha sensación que podería describir con facilidade como próxima a FELICIDADE, unha felicidade truncada pola crueldade do espertar,impulso pernicoso e malévolo que como unha ardente man me trasladou de novo a esta cloaca de tempo,de situación, de vida... na que a soidade desgárrame como unha afiada navalla e os recordos de tempos mellores nos que as procupacións solventabanse botando unhas choromicadas...o aburrimento matábase facendo un bambán nunha ábore cunha vella roda...na que o home do saco atemorizaba a existencia...

Mentres soñaba mergullábame como un axente invisible en tramos da miña infancia e adolescencia, nos que percorría campos de millo sentindo como as secas e tortas ramiñas golpeábame na punta do narís... ou do intre no que escachei o meu primeiro trompo sendo o protagonista naquel longo día de escola. ...Ata cun sorriso na cara vislumbrei as primeiras escapadas para facernos pallas no monte cos amigos e unha revista prohibida na que unha bela moza exhibía exuberante, un peito ou un cu ben feitiño con textura de pexego. Que tempos !pensei... mentres un grolo de coñac percorría a miña gorxa, e unha calada enchíame vos pulmós de fume...
Cruel vida esta que nos permite tocar durante un breve intre un cachiño de ceo e despois nos arroxa como un embase brick nun frío camastro que malamente podes manter... vai ter razón miña engurrada pero sábia avoa ,pensei cabizbaixo ,cando ós domingos sinalados dábame un doce tofe e me dicía "non o mordas, chúpao meu fillo duraráche máis" pois a vida e algo similar débese saborear como se tódolos días fosen ese domingo, aínda que tamén é tristemente certo que inevitablemente a mordas ou non, vanche cair a meirade parte dos dentes de todos os xeitos.

"Purple Octupus"

6 comentarios:

historiasparanondurmir dijo...

Parabéns octopus!melancólico tofe, coma toda infancia, coma todo aquilo que se vai e non voltará fai xurxir dentro dun a tristeza...sempre podemos pechar os ollos e lembrar, a memoria é un grande consuelo.Logo, abrilos e mirar sempre adiante.

Anónimo dijo...

^^ gracias

Anónimo dijo...

Agora,o fume, o suor, as bágoas..... antes as escapadas, o prohibido, a infancia. Moi ben octopus estamos contigo

Anónimo dijo...

A infancia, ese pequeno paraíso onde todo é fantàstico...ese pequeno xardín do Edén, que os recordos endulzan co azucar glasé da distancia,onde nada é imposible ou polo menos así nolo parece...
A vida dun home o borde do precipicio existencial..maltratado pola vida...que lembra, que un día, nas aberturas do tempo...él tamén foi feliz...
Desgarrador relato sobre a crueldade da vida.

Anónimo dijo...

"...A cita da avoa de Mr.Octopus quedará rexistrada coma un canto á esperanza sen infantilismos . Hay que agarrarse o pouco de bo que nos queda...."

"...Mr. Octopus un novo valor en auxe...."

(The Wall Street Journal)

Anónimo dijo...

Your blog keeps getting better and better! Your older articles are not as good as newer ones you have a lot more creativity and originality now keep it up!