Era un cheiro coñecido, quente, primeiro doce e logo forte e duro, igual que cando abren un porco. Un porco, iso é o que era. Que sensación de paz percorreu o meu corpo, ali sentada con todo o peso dos seus brazos nas miñas pernas.
Pasou un rato no que, entre o cansancio e o frio da bodega, quedei coa mente en branco. E agora que?. Que vou facer con éste?... Aceleróuseme o corazón, as mans comezaron a suar e as consecuencias do que fixera pasaron unha tras outra como un tren de cercanias pola miña mente, despacio pero pesadas, cada unha ía empurrandome mais e mais cara o precipicio (a muller, os fillos, o traballo, a cárcere!...).
Tranquila..., isto pódelle pasar a calqueira..., era insoportable..., non sei como aguantei tanto... Mentras dicia isto para non volverme tola, vin o gancho dos xamóns alí colgado, abaneando dun lado ó outro. A arandela e a corda foron os que remataron de completar a idea.
Ateille a corda polos pes e metina pola arandela que estaba colgada no teito. Pensei que eu soa non daria feito; subir aquel corpo non era ningunha broma, debía pesar uns 70 kilos, pero entre os nervos e a loucura transitoria ainda non sei hoxe como o conseguín. Alí estaba, sangrando e deixando un charco na terra. Collín unha tina e púxena debaixo. Valeirei dúas mediadas.
Collín o coitelo e abrinno en canal. Acordábame de como se facía xa que na miña casa sempre houbo matanza, ata que entramos na modernidade e na unión europea, esa que acaba cos chourizos da casa para despois levarnos os “burriquíns”. Bueno..., mais mal que ben abrino en canal. Axudeime da machada; xa sabedes que o esternón e a pelve son ben duros de romper. Puxen varias canas dun lado ó outro para manter o corpo aberto e alí quedou. Tiña que ir á compra.
Subín á planta darriba. Na casa da miña aboa xa non había nin bombona. Ducheime rápido e puxen a roupa de traballar que tiña alí para cando ia a finca. Baixei a Redondela, ó agro que está no Campo das Redes, e merquei dous sacos de sal. Axudáronme a subilos ó coche e cando cheguei a casa, cubo a cubo enchín a artesa. Baixei á bodega, deixei caer o corpo no banco e coa machada fixen trozos pequenos, costela, raxo,... e o resto para chourizos. Xa era noite, pero ainda quedaba moito traballo, así que metín os trozos na sal e a carne picada na neveira e fun o meu pisiño de solteira a durmir.
Domingo pola mañá: todas as vellas á misa das oito e eu a seguir co meu traballo. Lavei ben as tripas coa axuda dun vinvio e enchinas coa carne adobada, freguei ben as carnes dentro da artesa e encendín o lume coas ramas de loureiro para poñer os chourizos. Só quedaban os osos e aquela cabeza despeluxada. Na bañeira botei acido e a remollo con todo.
Toda a semana botando loureiro e leña ó lume e repartindo trozos polas casas dos amigos.
-Hola, traiovos un trozo de porco. Hai que repartir, “manos que no dais, ¿que esperais?-
-Pero ti... compras un porco para repartir? Estás tola?. Canto che custou?-
-Pois mais do que cres, eu diría que me timaron-
Logo dunha semana xa tiña todo repartido e os osos desfeitos. Xa non quedaba nada mais que descansar.
Todos vos preguntaredes: por que o fixen? . E por que non?. A todolos porcos lles chega o seu San Martiño e o moi porco non sabía mal despois de todo...
La malvada...
5 comentarios:
Tódolos relatos escritos no blog son magníficos.....pero penso sinceiramente que este é o relato do mes ou cecais do ano......
Vaia clase e nervio ¡¡
ostrás!! camiñas o relato coma sobre un filo do coitelo, sen saber ben se é un porco ou un home, e asustada de medo porque te podes cortar. Medo? Iso é o que consegues con este relato, serás malvada...
Por certo, o mes que ven, por favor, ¡Ou un tema mais lixeiriño ou escritores/as de menos calidade!¡Eu así non podo seguir, ídesme matar dun susto! Qué medo! Qué gusto! Anabel Lee
Miña nai!!! uf!! arrepíaseme o corpo! é terriblemete ...terrible! Miña nai!
gore, gore,gore...
COMO UN ACTO DE DESESPERACIÓN ESPERTA O INSTINTO ADORMECIDO
Tremebundo, espeluznante!!!
"La Malvada" libérase de toda atadura moral,para describirnos con detalle un "asasinato" de raices emocionales, que trala súa consumación, precipítase nunha serie de aconteceres que nos mostran a mutación do asasino...escudado no "deperdidosalrío" da renda solta os máis escuros instintos humanos...
Cunha sangue fría propia do "asasino nato", utiliza a "praxis" para desfacerse das probas, a vez que sobe un peldaño máis na súa perversidade...
Ten tanta forza, que incluso no nos extrañaría, que este fin de semana as empresas adicadas ó porcino, baixasen as súas cotizacións no mercado bursátil...
Publicar un comentario