15 dic 2008

O Cabaliño de Mar.

Dormitaba cómodamente eu coma de costume no morno salón café do clube mercantil , co xornal local e as vellas lentes mal calibradas deitadas nunha manta de lá no meu colo…..Despertei paseniñamente co seco balbordo dunhas fichas de dominó sobor un taboleiro…. ´Mirei a dereita e logo fixen un esforzo cara a esquerda e alí estaban os da miña quinta , ben retirados coma min , xogando a partida das 6 da tarde …-¿Xógas?- preguntoume Fermín ….-Non , non gracias , vou canso -…dixen e volvín tusir, collín o pano do bolsillo da chaqueta e recollín o esputo negro dos meus pulmóns .

Viñamos do enterro dun da cuadrilla , outro máis en el Reino de los Cielos …notábame vello e débil e volvín durmirtar naquel cómodo sofá verde de orellas que levaba vinte anos quentando……

Da mesa do taboleiro chegábanme lonxanas as voces a vez tristes e alegres dos meus compadres falando das aventuras de cando eran nenos......¡que mellor vía de escape que esa ! pensei.......as verbas no café divagaban sobre andainas a gatas , sabores naturais……recordos de froitas e tartas caseiras , de irmáns e amigos que non morrían de cancro os trece anos , de baños en cirolas no río Verduxo , de cando podiamos beber auga sana das fontes ou do grifo , do que querían ser de maiores denantes do Desastre……lembranzas tristes e difusas que se perdían no vermello ar coma se fosen o fume do tabaco Virginia Gold que gardabamos en caixas tupper-ware dende hai 37 anos.

Ó non participar activamente na conversa, tiven tempo dabondo para facer un exercicio de introspección e durmitando de novo tireime en prancha no océano dos meus máis antigos e inocentes recordos infantís….e de aquel mar segredo asomouse á miña cabeza aquel recordo….aquel suceso na casa dos meus pais, que en paz descansen .


Estaba eu nesa idade da descoberta do mundo sensible , esa etapa da vida na que os nosos pais nos contan isto é un ovo e ven da galiña , isto é un caracol ou isto é un castiñeiro e as castañas se comen….

E un día de eses andaba eu coas miñas primas polo Murallón a pesares da prohibición da miña avoa que non lle agradaba nada que pululase por alí… o Murallón era un deses lugares moi húmidos , con moita vexetación , ortigas e estralos que cobrían a antiga construcción de contención que a sua vez estaba atravesado por un regato que viña do río ou lavadoiro de roupa .....creo lembrar tamén que entre o regato e o murallón había unha vella reixa de barrotes de ferro....

E aquel día ...alí.... alí estaba aquilo , aquel pequeno ser de cores con ás que daba chimpos verticais no regato que cruzaba o murallón…...

Lembro o meu arrepío e como saín disparado cara a cociña da miña casa coas miñas primas correndo detrás, barallando na miña inexperta conciencia qué ou que cousa era aquilo.....e denantes de abri-la porta da casa cheguera a unha conclusión . Así que aínda que non estaba moi seguro exclamei excitado :

¡ Papá no murallón hai un cabaliño de mar , ven ¡¡

Lembro a imaxe dos meus pais ríndose de min estupefactos e as miñas resabidas primas dicindo que alí non miraran nada …e ..eu....eu estaba enfurecido con todos eles , non podía aturar semellante afrenta a miña pequena persoa e dun portazo encerreime no meu cuarto .

Ó cabo duns días xa me olvidara da historia pero de tódalas maneiras miña avoa coma quen no quere a cousa voltárame dicir que non voltase máis por alí.

Pasado o tempo descubríra que o cabaliño de mar lóxicamente vive só no mar e non ten ás.....e tamén descubrín as libélulas……pero tamén descubrín que no murallón fusilaran a cinco homes na posguerra e que as libélulas non dan saltos verticais.... e de paso tamén advertín que as miñas primas levaban gafas meses despois daquel asunto.

Hoxe me decato de que o nome daquel ser non o coñecía nin meu pai nin posiblemente ninguén neste mundo , pero eu agora me aferro á existencia daquel cabaliño ou o que fose para escapar deste Desastre en paz.

No hay comentarios: