10 mar 2010

Dende entón, todos preferimos a escuridade


Era de noite, porque sempre é de noite cando as cousas escuras acontecen.

Desgraciadamente, ningún dos alí presentes foramos preparados para o que ía acontecer.

Gracias a amabilidade da anfitriona, namentres sacaba velas nun intre, fóronse iluminando todos os recunchos da habitación.

Antes daquela noite, todos os convidados comentaramos, nalgún momento, o noso temor á escuridade: nunha taberna o Señor Smith, nun salón de té a Señora Robertphone, e así sucesivamente, todos deixaramos ó descuberto a nosa animaversión pola incertidumbre do oscuro.

Razón de mais, pensou a anfitriona, para proveer de velas cada habitáculo da casa.


Aquela noite chovía coma sempre, venteaba coma nunca, e as pólas das árbores chocaban arítimicamente contra os cristais das fiestras, recordando ós invitados que a tranquilidade a carón da mesa da cea, era un paréntese na caótica metereoloxía.

Lamentando a repentina ausencia de luz, a anfitriona levantouse de súpeto e, sen esperar a que o terror embriagara ós seus invitados, sacou dun caixón do boureau un feixe de velas.

Luz cálida, e tranquilizadora inundou a estancia pouco a pouco.

A medida que as velas ían acendendo, os alí presentes votamos un folgo de alivio, deixando sair o medo que todos escondiamos á ausencia de luz: un tras outro, ata que a habitación recuperou a calidade de antes.

Ninguén pensaba naquel entón que a cara de medo do Señor Smith, recién iluminada gracias á vela situada ó seu carón, tivera algo de especial.


Para todos era evidente que o xesto agónico tiña que ver co momento de escuridade anteriormete vivido…sen embargo…a faciana do señor Smith continuaba pálida, cos ollos abertos coma dúas lúas, dirixidos directamente á vela veciña que iluminaba a súa cara

Ollando entón para a vela en cuestión, para os fíos vermellos que dela caían, e para o charco de sangue que a mesma deixaba no chan, distinguindo o cheiro a porco queimado, todos nos decatamos da razón da angustia do compañeiro, e agarrando a man da persoa que se sentaba ó seu lado, a Señora Robertphone exclamou:

Esa vela non ten cera!! Está feita de vísceras,….¡está chea de sangue!...É… ¡¡é sangue!!!

....dende entón todos nós preferimos a escuridade...

5 comentarios:

Jandro dijo...

Chapeau!. Déixasnos ir quentando na calidez da casa nunha noite de tormenta para atormentarnos cun terrorífico final...

Redes Chronicle dijo...

O terror pódese agochar no feito máis insignificante...unha vez que baixámola garda todo pode acontecer...
Un grande final...que coroa este magnífico relato desviando o desenlace maxistralmente ata a derradeira liña !!!

Redes Chronicle dijo...

O terror pódese agochar no feito máis insignificante...unha vez que baixámola garda todo pode acontecer...
Un grande final...que coroa este magnífico relato desviando o desenlace maxistralmente ata a derradeira liña !!!

Fenosa Chronicle dijo...

Soberbio , ¿que terán as velas que dan tanto medo , cando simpleme dan luz.....?

Anónimo dijo...

Deus, deus, que terrible descubrimento. O relato está tan ben feito que estive a experimentar case o mesmo terror que o Sr. Smith.
Aggg!