1 feb 2009

O Río Camaleón

Non , non …. creín que xa o tiña olvidado , creín que a miña autoimposta barreira mental e o tratamento do doutor Akerman serían dabondo para olvidar….vintetres anos tomando píldoras para distraer a mente daquela obsesión….porqué carallo me ocorrería a min ….pero estou farto…farto de levar esta pesada carga nas costas…e vou tirar da manta…a fama de tolo xa a teño , así que…que máis me da……vou contarlles o máis terrorífico segredo desta merda de vila nosa que se chama Redondela .

No ano 1915 o meu bisavó Alvaro Morgado Dacuña deixou atrás as cabras na parroquia de Reboreda e embarcouse nun vapor cara a Cuba coma tantos outros veciños da vila.

Segundo me contou meu pai , Alvaro non tiña ninguén alá para botarlle unha man , polo que escomenzou a súa aventura traballando nunha prantación de caña de azucre alá na parte de Cienfuegos. Alí traballou igual que os negros que viñan de Senegal , suou sangue polas mans , sufriu mordidas de serpes e tamén recibiu o latigazo do patrón….e nel…nel foi crecendo o odio .

Nas calurosas e húmidas noites de Cienfuegos os negros reuníanse despois da laboura para falar e cantar…Alvaro non se relacionaba con eles dábanlle noxo e quedabase no porche do barracón bebendo augardente e afiando paus coa súa navalla….pero unha noite decatouse de que un dos negros facia mofa del….El levantou un ollo pero seguiu afiando o pau , maquinando o uso que ía facer del….levantouse e desapareceu….A hora de durmir aquel negro levantouse e foi botar unha mexada na ciénaga que arrodeaba a prantación …e alí se atopaba a figura de Alvaro na escuridade esperando polo africano co pau afiado na man tras del e …cando o escravo se deu a volta cravoullo na gorxa nove veces ata matalo , despois maldicindo os santos afundiuno no pantano.


Pero non estaba só …alí sentada na fétida ciénaga estaba a vella tola bruxa yoruba dos negros.

Parece ser que a vella bruxa advirtiu a maldade no negro corazón do bisavó e iniciouno no culto prohibido da Regra de Ocho , iniciouno no culto do mal , ensinoulle a adorar e contactar cos entes máis sanguinarios e demoníacos coñecidos polos Yorubas.

O cabo duns anos o bisavó voltou rico coma un indiano á vila , e construíu a mellor casa de Redondela a beira do río Alvedosa . Non era moi sociable nin amante de festas ou tabernas pero chegou casar coa miña bisavoa que morreu dunhas febres logo de parir ó meu avó Edelmiro , que era igual de reservado que o seu pai.

Na vila dicían que debían ter boas facendas en Cuba pois na vila non se lles coñecía oficio nin negocio. Pai e fillo parecían dous bechos encerrados nunha gaiola de ouro.

E chegou a guerra no 36 , e a represión chegou a vila , había moito medo e delacións e tamén desaparecidos e coma non , fusilamentos ….a mañán do 25 de decembro de 1937 o alvedosa apareceu tinguido dun leve tono vermello . Dicíase que houbera fusilamentos no Salgueiral pero ninguén escoitou un tiro.

Os tempo pasou coma o río que é ..e Alvaro Morgado Dacuña morreu . Edelmiro non recibiu luto na casa , pero casou unha semana despois coa miña avoa Rosario que morreu igual que a miña bisavoa dunhas estranas febres logo de parir o meu pai , Don Hermógenes.

Diciamos que os tempos cambiaran e Redondela tamén , inaugurouse a fábrica textil de Regojo e todo era alegría na vila e o noso río chamábanlle o camaleón porque cada día viña dunha cor , pero predominaba o vermello….. O meu pai , ese cabrón do demo , traballou alí como xefe de producción….el facía os tintes na nosa casa…o moi fillo de puta…¡

O vermello , esa cor , esa maldita cor….ese fluído sanguento que escorregaba día tras día dos enferruxados caños do desagüe do sótano prohibido da casa e ía desembocar no río tal cal afluente e arteria de terror….

¿Porqué? Porqué baixaría eu ….Maldigo a miña mala sangue e a miña estupida curiosidade¡¡

O sótano ou o inferno , que máis da…..armarios de madeira de manglar de onde penduraban corpos humanos baleiros en perchas tal cruentos vestidos , un templo osos e calaveiras que semellaba adorar un craneo putrefacto dunha vella negra de dentes afiados con coroa de espiñas , velas roxas e negras , unha pía bautismal chea de sangue e pelos , unha mesa de quirófano con instrumentos de disección , cubetas de alumino onde o demo do vello creaba novos tintes coa alquimia do mal….. chegando a acadar a cor azul das camisas coas vísceras das vítimas ……

Pero notaba que non estaba só , alí tras daquela negra portiña baixa con imposibles garabatos e un corazón disecado a modo de pomo había vida.......escoitaba unha respiración …afinei o oído e logrei discernir non unha senón tres vidas , duas respiracións lentas e xadeantes as primeiras , e máis entrecortada a terceira coma se respirase co estómago….sufrindo.

O pánico apoderouse de min , supuxen …claro que supuxen que eran dúas vítimas máis na espera da morte final…Abrín a porta do averno ….

Estraláronme as vertebras da caluga……na escuridade daquel nicho dous camastros de palla e follas de palmeira , dous centenarios corpos enrugados conectados as veas de Fonso da Canteira , meu amigo da infacia que nunca mais se soubera del , o pobre e inerte Fonso amarrado a unha cadeira de tortura dáballes a vida a…. a aqueles seres que respirando e mirandome con aqueles demoniacos e ameazantes ollos roxos , me sinalaban co dedo índice , como chamando pola súa mesma sangue…...pois querido alcalde , nesa casa todavía moran o meu bisavó Alvaro Morgado Dacuña e o seu fillo Edelmiro.


4 comentarios:

Anónimo dijo...

Escalofriante,tétrico, o autor crea unha atmosfera onde o terror amárrase o corpo en cada liña, ata non topar acougo.
Un clásico do terror en estado puro!

Anónimo dijo...

Un relato ben escrito que nos leva ata as cores das augas do rio Alvedosa ao través dunha narración moi deslizante e fluida tal e como discorre o río no seu cauce.

Anónimo dijo...

Sinistra expricación do noso polícromo río, nunca imaxinaría tan terrible conclusión!! >Uf! a verdade é que estremece só imaxinalo...parabéns pola narración!!

Ana Gesteira Ponce dijo...

Muy bueno, muy bueno,...Tétrico, angustioso, histótico, gore,..pero, engancha tanto, que te extraña que acabe,...¿relato corto? ¿por qué no un libro? más aventuras del emigrante, del regreso, de la vida aquí,..más, más, más