6 feb 2009

As pantasmas están de moda



Sempre pensei que as pantasmas cubríanse cunha sábena branca e que levaban unha bola de reo apretada no pé, coma alma en pena delincuente e calurosa…Que andaban a ras do chan, sen tocar cos pes invisibles as madeiras crujientes do piso. Esa era a miña ideas das pantasmas ata un día en que coñecín unha de verdade, fora dos libros e das películas.
Luis non levaba unha sábena branca, porque era Xaneiro e as pantasmas tamén pasan frío. Iba vestido cunha casaca dun azul desvaído e un sombreiro de ala ancha, cunha pluma enguedellada nos cabelos,…as súas botas marróns, altas e sobadas, tocaban perfectamente o chan, e facían ruido de coiro crujiente e tacóns destrozados polo pulular a través dos tempos,..

Eu estaba sentada na galería da casa dos meus pais, sentido o sol na miña cara, nun luminoso día de inverno (os que mais me gustan), tranquilamente, escoltando a Paul Mcartney, tumbada no sofá, coas mans cruzadas por riba do meu peito, disposta a abandoar momentáneamente este mundo, e percorrer xunto a Morfeo o maravilloso mundo do sono das tardes.

Entón, escoitei.

- Nunca vaias á moda,…nunca vaias á moda,… (Curiosa frase terrorífica de Pantasma…, penséi tempo despois. Abrín un ollo medio adormecida preguntándome quén se metera na galería sen Eu escoitar nada..) Pensa ben o que levas posto,….-dicía mentres me sinalaba co brazo erguido por debaixo dos seus hombros-…pénsao ben… Nunca vaias á moda..pénsao ben,…esta pode ser a túa última vestimenta por séculos e séculos.

Síntoo, pero non puiden parar de rir. A primeira vez que vin unha Pantasma non puiden parar de rir. A quen se lle conte….

Luis quedou un pouco abraiado pola miña reacción, supoño que esperaría que saise correndo ou que gritara ou, qué sei eu,… ¡tampouco coñezo tanto ás pantasmas!

Luis quedara a medio camiño atravesando a parede,…tiña medio corpo aínda na cociña e somentes unha perna apoiada no chan da galería. Co brazo estirado canda min, sinalándome,…Estirou as cellas asombrado pola miña reacción, serio, paralizado, con medio corpo na cociña e medio corpo na galería. Entón quedou en silencio. Eu tamén (aínda que os meus beizos non podían deixar de sorrir).

Os seus ollos quedaron fixamente anclados nos meus. Entón buceei nas súas pupilas de pantasma, hieráticas, frías coma a morte, e grabei na miña retina o primeiro xesto de pantasma. Luis, na súa mirada penetrante de espíritu en pena, acababa de me chiscar un ollo.

Foi entón cando me decatei de que os seus beizos debuxaban un breve sorriso, somentes por entre a comisura dereita. Entre o guiño e o esbozo de sorriso, sentinme permitida para poder seguir rindo e falar con él:

- Pero, ¿qué dis? ¿Que non vaia a moda?
- … -non deixaba de sorrir, pero o seu corpo xa ía pasando completamente á galería.
- A verdade, vaia merda de consello de pantasma, agreguei.

Nunca imaxinei que me sentiría tan tranquila na miña primeira conversa cunha pantasma, a verdade.

- Je, je,…añadiu Luis. Pero é a verdade. Eu morrín no 1679. Era un dos homes mais elegantes da vila. Realmente, vivía para a moda, para as teas, os bordados, encaixes, lonas de cores,… Aforraba os diezmos que podía para traer teas de Holanda, tiña un xastre traballando caseque para min,…era feliz amosando ós demais as miñas novas adquisicións os días de feria,…feliz, feliz de verdade sentindome á moda. E xa ves,…levo 330 anos vestindo á marxe da moda,..Eu,..con todo o que fun,…

Luis estaba triste, coa mirada perdida no infinito pantasmal, deixando constancia do seu erro vital. Deume pena, a verdade. Ninguén se merece vivir aillado o resto da súa morte.

- Bueno, peor cousa levarán os modernos que abandoaron este mundo nos anos ’80…Hombreras, permanentes, tules, calentadores,…Ademais, xa sabes que as modas sempre volven,…Agora non vas á moda, vas por diante da moda que está por vir. ¡Segues sendo do mais modernos do mundo!

Sentada na galería sorrín con complicidade e amizade a aquela pantasma. Nunca pensei que tería unha conversación así a miña primeira vez cunha pantasma. Pero as cousas nunca son exactamente coma unha as imaxina, sobre todo en canto ás novas amizades.

Anabel Lee

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Extraordinariamentedivertido !!!
Cheo de guiños "wildenianos"...este relato de sutileza irónica desternillante, amosanos o lado divertido e inxenioso dos dous mundos...o aparentemente real e o aparentemente pantasmal cun humor elegante...reflexionando sobor a superficialidade do ser humano e a súa esclavización por parte do entorno...
Pronto se convertirá nun clásico a ter enconta...
Absolutamente recomendable...

Anónimo dijo...

Isto da moda ten o seu aquel eh??? que divertido relato, o Prêt-à-porter pantasmagórico!! parabéns !!!

Anónimo dijo...

...Anabel Lee sorprende esta vez cun tenro relato onde as pantasmas parecen máis humanos ca nos os lectores...
( Venca Catálogo) :)