11 nov 2008

VERDE SANGUE

¡Atende! ¡Espabila! Esta historia non necesita de lectores apampanados que len sen ler e pensan sen pensar. Se vas seguir percorrendo estas liñas cos teus ollos, mellor será que espertes a túa mente. Un asasinato é un asasinato, sempre sen volta atrás.

Os días invernales de frío e sol, María estaba chea de medo. Saía da súa casa recelosa, baixaba as escaleras atenta a calquer movemento: unha porta que se abre, un veciño que pecha a friestra, un paxaro que grazna por entre os camelios,...todo, absolutamente todo asustaba a María por entre os raios do sol. Ó chegar ó mar, María compraba entre susurros o peixe do día, e voltaba despacio polas calellas, refuxiada nas sombras da casas, coma querendo pasar inadvertida.

Na vila xa todo o mundo a coñecía polo talante asustadizo. Todo veciño falaba con ela con suavidade, con cariño, sen movementos bruscos e sen verbas mais altas do normal. Ela soría dulcemente, abrindo os ollos e mirando de abaixo a arriba, agradable, pero sempre asustada. O medo convertira a María nunha muller ausente, perdida mentalmente no seu mundo. Algo apampanada. Bastante distraída.

Todo o mundo queríaa ben. Todos sabían que o medo vital de María estaba fundado no carácter brusco e desagradable do seu marido. Moitas noites, cando o sol deixaba de soar e o silencio do sono caía por entre os tellados da vila, escoitábase ó home de María berrar contra nada, berrando, berrando por unha cousa, por outra,...daba igual, era un home que berraba sen mais. Malhumorado, coma se tivese unha gorxa de pedra, incapaz de soar doce, incapaz de non rascar. Porque si.

María vivía asustada dentro e fora da casa, coma esperando un final mais que esperado por todos. Polas mañás espertaba e facía, coma unha autómata, rápidamente, as tarefas da casa: a cama, a louza, pasaba o pano ós muebles, tendía a roupa, esparcía o millo para as galiñas que corrían libres pola finca,..libres,...María sorría pensando nas galiñas.

Ó acabar sentaba na silla da cociña, nunha esquina, ó lado da lareira. Esperando, asustada, que non pasara nada. E nada pasaba, agás o medo polas súas venas. Ou non. Ninguén sabía qué pasaba ou non pasaba dentro daquela casa. Ninguén.

Un día de moita chuvia, Marcial o do chimpín foi visitar a María para levarlle os pes de viña que sacaran dunha leira. Contou despois, apoiado na barra da taberna e cunha cervexa na man, que atopara unha María mais tranquila do normal, dentro da casa non pasaba o que todos pensaban que pasaba, decía Marcial pensativo. Aquela María non estaba tan asutadiza coma cando saía nos días de sol a facer recados pola vila. Daba igual.Todos sabían coma se atopaba María o resto dos días. Todos sabían coma funcionaba o seu home.

Un día de sol pasou o que non tiña que pasar: o marido de María apareceu morto na finca. Caíra ó chan e escachara a cabeza contra a fouzaña que traía de apaña-la herba, apoiada no hombro. Tirado no chan, tinguía o verde do verde co sangue da sangue. Morto.

No fondo, todos se alegraban por María. Pensaban que por fin se quitaría o susto da cabeza, das pernas, dos brazos.
Pero María seguiu coa súa rutina autómata, asustada, agachada, susurrante,...María tiña medo do sol. Tiña medo de que volvera entrar ás 1:35 pola fiestra do seu cuarto, volvera reflexar no espello que colgara o seu marido e saíra despedido pola fiestra de novo; Tiña medo de que o sol volvera cair no amarelo do millo esparcido conscientemente no verde do campo; tiña medo de que as gaivotas que comían o amarelo do millo se volveran asustar co sol do espello e saíran violentamente asustadas, chocando co seu marido; tiña medo de que volvera cair ó chan e cortara a cabeza.

Pero María, sentada na beira da lareira, sorriu coma facía anos que non fixera: porque se deu conta de que aquela mañá non esparcira o millo onde o sol cae rebotado do espello; por iso non había gaivotas, por iso non había susto. Por iso non había marido.

Un día de sol pasou o que non tiña que pasar: o marido de María apareceu morto na finca. Caíra ó chan e escachara a cabeza contra a fouzaña que traía de apaña-la herba, apoiada no hombro. Tirado no chan, tinguía o verde do verde co sangue da sangue. Asasinado.

Anabel Lee

7 comentarios:

Anónimo dijo...

Encántame é doce e sinistro á vez...o verde e o vermello, sangue da vida e da morte....

Anónimo dijo...

"...Un inevitable crime psicomedioambiental no rural...excelente "

( Señor V. Daily Telegraph )
" ... Imprescindible.."
( Señor B. The observer )

Anónimo dijo...

Parece que os varóns temos que andar con pés de plomo por este escurridizo mundo da novela negra...xa dous foron empuxados por suaves mans hacia as escuras rexións do máis alá...merecidamente con seguridade pero...

Anónimo dijo...

Parece que os varóns temos que andar con pés de plomo por este escurridizo mundo da novela negra...xa dous foron empuxados por suaves mans hacia as escuras rexións do máis alá...merecidamente con seguridade pero...

Anónimo dijo...

María fixo o crime perfecto. Non hai mobil, non hai motivo, non hai testimuñas.... Tan só uns grans, un espello e uns paxaros. Moi bo

Anónimo dijo...

María fixo o crime perfecto. Non hai mobil, non hai motivo, non hai testimuñas.... Tan só uns grans, un espello e uns paxaros. Moi bo

Anónimo dijo...

Un conto encantado! Moi ben!