15 nov 2008

Suicidio ou Asasinato .


O fracasado fiscal Zin , famoso polos seus estrambóticos casos , elevou a súa fráxil pero acusadora voz :
- Tengo en mi poder un manuscrito en forma de diario , propiedad de Ramón Vilas , Oficial Técnico Delineante de la empresa naval viguesa La Berbesiña.....leeré lo concerniente al día 22 de diciembre:

" Outra vez durmín mal , moi mal....volta para aquí , volta para alá ...ese pesadelo recurrente da perda dos meus dentes.....que sorte ten María...que ben durme......levántome hoxe máis cedo , as 6.45 non quero chegar tarde coma onte.....aféitome e miro esa cara pálida de ollos tristes que non se corresponden cos dun tipo de 30 anos....almorzo con frío e collo o coche cara a merda do chollo.....hoxe hai moito tráfico e atascos, merda vou chegar tarde outra vez...angustia...agobio , trago saliva, dou mil voltas merda ¡ non dou aparcado.....nervios , ganas de chorar pola miña puta vida , venme a cabeza o meu fillo, que pensaría se me mirase así¡ .....Alí hai un sitio ¡¡ Aparco , apuro , corro e chego ó portón da Berbesiña Fábrica de Grúas Hidráulicas S.L.

Saúdo a Fermín do almacén .....quen me dera ter unha desas fundas verdes e estes compañeiros..... Abro a porta do departamento técnico e alí as zorras de Marimar e Cayetana me saúdan con ese sutil e ensaiado desprezo
- Bos días ¡¡ digo cun falso optimismo , as miñas palabras non saen da boca senón do estómago
- BUENOS DÍAS Moncho ¡¡¡ a voz atronadora do Sr. Fernandez reverbera na oficina......

O Sr. Fernández , ese porco de pé de Ribeira , o patrón , gordo inmundo con papada....esa papada graxenta que se balancea cando lle berra , cando lle insulta ou se rí del.
O ruxido do xabarín atrona de novo :

-OTRA VEZ TARDE ME CAGO EN DIOS ¡¡ Estás tú para llegar tarde Monchiño ...Espabila o mañana mismo te pongo en la puta calle ¡¡ QUE NO TE ENTERAS DE NADA HOMBRE ¡¡.
A ver como va esa modificación de la grúa .......sigues atascado no ? No vales para nada Hostia ...
Pónteme a traballar XA ¡¡ , portazo.

Pasou o susto , nervios, miro de esguello a Marimar cun velado e cínico sorriso , supostamente son o seu superior.....pero xa non me acordo dende cando mexan por min.......Cayetana levanta a vista do ordenador e solta un teatral UUFFFF ¡¡ MONCHO ESTA MODIFICACIÓN NO FUNCIONA , TODO LO QUE ME PASATE AYER NO ME VALE PARA NADA ......O dixo tan alto que o xabarín amosa o fuciño.....ruxe:

A VER MONCHIÑO MUESTRAME PASO A PASO LA MODIFICACIÓN......PERO PERO ESTO ES UNA MIERDA HOMBRE , PERO TÚ DONDE COÑO ESTUDIASTE HOMBRE ¡¡ venga deja eso a Marimar , te cojes un taxi y me llevas estos informes a Bureau Veritas que los certifiquen.....Y RAPIDITO EH QUE HAY MUCHO QUE HACER¡¡

Merda, merda , angustia , agobio ganas de chorar ....subo no taxi coma se fose o mozo dos recados.....asáltame o de sempre.....pero como vou deixar o traballo.....hipoteca...meu fillo...non están as cousas para deixar nada......pero estou afundido ...non me saen as cousas polos nervios....se puidera despelexaría a esas dúas zorras.....pero como empezou todo isto ....cun simple erro meu fai tres meses.....e logo risas por detrás.....escoitaba voces falar mal de min.....

Volto á oficina o Sr. Fernández goza dun magnífico humor....con el está un rapaz de acento castelán.....o porco lle amosa a oficina e lle presenta as raposas.
- HOMBRE MONCHO YA ESTÁS AQUÍ.....mira este es Carlos , un nuevo técnico que nos viene a ayudar....una máquina este chaval ¡ , lle chisca un ollo , ACABA DE DEFINIR LA MODIFICACIÓN EN UN SANTIAMÉN ¡¡ Y TÚ NI EN UNA SEMANA HOMBRE......¡

Lévame ó seu despacho , teño a boca seca......Dime....Mira Monchiño yo ya sabes que no tengo nada contra tí ...pero la empresa es la empresa y yo no puedo permitirme el lujo de tener gente aquí que no me rinda eh .....estamos apretados , necesito soluciones y tu no me las das.....bueno mira hoy al acabar te pasas por RR.HH que quieren hablar contigo....

Moncho saíu da Berbesiña ausente....dirixiuse ó porto de altura ó lado do asteleiro Barreras....por alí paseou tódala tarde noite......e o día seguinte apareceu o seu cadaver amarrado ó ancla do barco Vizconde de Eza......

O fiscal fixo de novo a pregunta retórica.....Foi un suicidio ou un asasinato ???



Sr. V

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Fantástico camarada V.. parabéns! Dame ganas de ir ó Berbés e...

Anónimo dijo...

Qué tristeza! Qué angustia! Suicidio? O que dan ganas é de sacar un bate de baseball e esmagar a cabeza do porco e das compañeiras de traballo!!!Neste caso, ¡¡mellor asesinato que suicidio! Moi ben transmitida a angustia vital do protagonista. Moi ben Mister V (de vendetta?)Anabel Lee

Anónimo dijo...

A sutil narrativa do Sr. V. condúcenos de forma maxistral(algo o que nos ten mal acostumados)polos laberintos da mente de Ramón Vilas, onde asoman todos os pantasmas que asolan a vida dun home que non atopa o seu sitio no mundo que o rodea...deixando o lector varios enigmas que resolver...

Anónimo dijo...

OK compañeiro.
Os traballos, o paro, o acoso laboral, o cinismo, a explotación, o.......poden matar como se dunha daga samurai se tratara. OK compañeiro