Hoxe , pasado tanto tempo , tantas lúas e tantos soles , hoxe xá ninguén se lembra do vello Flavius Minancus , aquel adegueiro da parte de Magnus Soutus que disque a fixo boa naquel tempo do ocaso do Imperio. E como o disque é primo do seica .....
Seica que no ano 417 do Noso Señor , gobernaba a Gallaecia un tal Gordiano Severo , un recén chegado da soleada e morna Tarraco , que a moi disgusto se atopaba no seu novo destino , nesta provincia tan húmida e embrutecida e tan lonxe da fastuosa vida social da súa Civitas natal.
Moraba Gordiano en Lucus Augusti , unha cidade desas tan tristeiras do norte do Imperio onde a diversión escaseaba e o aborrecemento era o estado natural das cousas. Tan só algunha probe representación teatral de Troia na época estival conseguía sacalo do tedio.
A parte disto , seica ó gobernador era moi aficcionado a cabalgar pola mañá co seu corcel arredor da muralla tal coma se estivese no circo romano , corría e corría ata reventa-lo cabalo , pero aquela mañá perdeu o control da montura e caíu ó chan enredado nunha silveira , provocando as risas das lavandeiras da cidade....
Aquilo foi demasiado para a soberbia e vanidade do gobernador , e logo de xurar ós mil deuses de Antes , decidiuse por botarse nas mans de Baco e o ruxe ruxe de que Gordiano se daba á bebida e de que gastaba miles de Sextercios en festas , banquetes e bacanales correu por tódala provincia.
Os máis avispados decatáronse de que o Gobernador non podería mante-lo ritmo de compra do seu careiro e preferido viño tinto de Somontanus , foi entón cando os adegueiros de Valdeorras e da Ribeira Sacra enviaron emisarios á Lucus Augusti con mostras dos seus mellores viños . A Gordiano , xa coa carteira meio baleira , non lle souberan de todo mal aqueles brebaxes , e facendo contas decatouse de que non lle saía de todo mal a pipa de viño .
O negocio estaba feito e aquelas comarcas prosperaron enormemente.
Chegou tarde á cita , o noso Flavius Minancus de Magnus Soutus coa súa mostra de viño branco Albarinus . Xa fora advertido no portón da muralla polos gardas de que o Gobernador xa tiña un trato cuns adegueiros de Auriensis , pero el insistiu coa teima de que tiña un viño excepcional . Á Gordiano picoulle a curiosidade e mandouno pasar ó palacio , onde se puxo feito unha arpía ó veren aquela cousa blanquecina sen tan sequera probalo , pensou o gobernador que se mofaban del e mandouno decapitar. Gordiano era de tintos.
Xa estaba o noso Flavio no patíbulo , cando chegou ó cuartel a nova de que ós bárbaros xermanos xá cruzaran os montes Pirineos e de que o Imperio era unha desfeita , Flavio aproveitou aquel momento de confusión para escapar e de paso xurar vinganza contra o Gobernador.
Voltou a nosa comarca e dedicouse ademais do viño , á labouras políticas na clandestinidade para desestabiliza-la provincia e prepara-lo camiño para a inminente invasión bárbara.
É o fin chegaron a Gallaecia os Suevos , que eran uns bárbaros bastante palleiros que non daban conquistado a provincia , corrían rumores que bebían unha cervexa morna que os adormecía no campo de batalla....foi ahí onde as Musas besbellaron na orella de Flavius Minancus a solución final.
Arrendou trinta carros de bois , cargounos con cen pipas de Albarinus e tirou pola vía AP-IX cara Lucus Augusti , que estaba sendo asediada polo príncipe Requila , un fillo do Rey Ulfilla dos Suevos que xá dera conquistado Tyde e Bracara Augusta.
A situación do Príncipe Requila era desesperada, levaba un mes asediando Lucus , pero non daba rendido á cidade para vergoña do seu pai.
Requila desesperabase ó ver ós seus guerreiros de prominente bandullo incapaces de gabear por unha escaleira para sortea-la muralla ou ó ver como chegaban axfisiados nas cargas contra ó portón. Dentro Gordiano ríase cunha cunca na man.
Flavius aproveitou ó seu arte de mercader e conseguíu audiencia co príncipe e logo comentoulle en segredo a excelencia do seu viño , que podería ser un revulsivo naquela situación tan comprometida . Requila que non tiña nada que perder , probou el mesmo a chispa e a vigorosidade do Albarinus , e súbitamente ordeou ás suas tropas de pastráns melenudos que bebesen cinco cuncas cada un .
E a historia acabou coma tiña que acabar , os guerreiros suevos conseguiron trepar pola muralla e rendi-la cidade , Flavius cumpríu a súa vinganza decapitando á Gordiano que nin se enterou pois estaba con Baco , Requila foi nomeado Rey , e o Albariño foi chamado o "Viño do Príncipe" ou o Príncipe dos Viños ata hoxe en día .
25 may 2010
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
"Viño branco...viño tinto...Galicia sitio distinto..."
Excelente relato histórico que nos traslada a Galicia dos derradeiros días do Imperio...dando conta de maneira amena e maxistral, non exenta dese humor retranqueiro característico destas latitudes, da caída de Lugo...e do ascenso dun branco de carácter universal...o Albariño das terras do Sur galaico...
Unha vez máis...os coñecementos deste estudioso da historia galega e catador de renombre, unénse para deleitarnos cos detalles pouco coñecidos dun momento crucial na nosa Historia...
Nice post and this fill someone in on helped me alot in my college assignement. Thanks you on your information.
Publicar un comentario