3 feb 2010
O insólito caso de Jonathan Clarke
Jonathan Clarke...ergueu o seu corpo aínda meio entumecido pola calor da cama, onde unha turxente fermosura espida da cabeza aos pés, embelecía a parte esquerda do leito de sabas enrugadas, froito con seguridade de concupiscentes axetreos nocturnos...Descansaban ata agora de tan frenéticas actividades , rodeados de varias doceas de cirios, consumidos na súa maior parte...dando fé do longo período de tempo que tan sensuales prácticas encheron no hoco recente da vida dos amantes...
Jonathan Clarke...palpando na escuridade da alcoba,conseguíu encaixar, non sin certa dificultade, un calzón de franela que adoitaba usar na soedade das xélidas noites, que abrazaban Outono...todo o Inverno e a meirande parte da Primaveira...cando digo "adoitaba usar"...refírome ao tipo de calzón...non a unha utilización reiterativa da mesma peza...pois era Jonathan Clarke un home de refinadas costumes...e dunha delicadeza exaxeradamente obsesiva, adicando moitas horas de esforzos e coidados ao mantemento das súas posesións, facendo da pulcritude unha especie de relixión persoal..
Pero cando Jonathan Clarke espertou, aquela noite de Inverno de 1845...non sabía que o que estaba acontecendo...marcaría para sempre o devenir da súa traxectoria vital...que polo de agora transcurrira sem moitos contratempos...por non dicir na máis absoluta tranquilidade, forxando os cementos dun carácter amigable, e con certa disposición a confianza...Era pois o señor Clarke un home confiado? Posiblemente...esta definición podería axustarse a personalidade amable e condescendente de tan noble cavaleiro...e como non hai cavaleiro sem cavalo...o atronador barullo que ascendeu escaleiras arriba ata encher os oídos entumecidos dun somnolento J.Clarke, procedía sem dúbida das cortes onde descasaban, un purasangre azabache e dúas eguas acastañadas...esbeltas e brilantes como consecuencia dos agarimos e coidados do encargado da mansión...o señor Làszló Bartok...un homiño peculiar, fuciñudo e misterioso...fillo de emigrantes húngaros...que chegaron as terras Galesas...como polizontes nun paquebote calquera dos centos que arribaban no porto de Cardiff...nunha noite das moitas que rematan os días, cincoenta anos atrás...sem máis posesións que o posto...e sem máis que ofrecer que unhas mans acostumadas a traballar sem acougo...Orfo, dende a máis tenra infancia, contaba con sete anos... cando os seus proxenitores desapareceron como chegaron, engulidos pola néboa...sem deixar o máis mínimo rastro...Ninguén foi quen de darlle importancia, tratándose como se trataba de emigrantes das terras do Leste...Aqueles berros proviñan con seguridade da zoa habilitada para os cuadrúpedos...Ou diso...ou da elegante vaixela de Limoges con bucólicos detalles ecuestres que enchía os espazos valeiros de cuncas, pratos, sopeiras, cafeteiras e demáis obxectos de refinada utilidade doméstica...Pero fose cal fose a natureza daqueles estremecedores lamentos mezclados co canto fúnebre e a deseperada percusión de orixe équida...non parecía cabal que a súa orixe estivese vinculada a mesas, aparadores, buffets, alacenas...e demáis aparellos de arquitectura doméstica de prato e culler...
Algo verdadeiramente preocupante estaba a ocorrer,había algo desacougante naquel alubión de berros, naquelas gargantas que chiaban o nome verdadeiro da morte... Jonathan Clarke,devorou as escaleiras que separaban o piso superior, onde se atopaban as habitacións...da pranta baixa, ocupada pola cociña e un salón o gusto da época...piano incluido...,tal era a disposición da aristócrata vivenda...Esa noite o servizo tiña o día libre... cousa que sucedía case sempre que o señor Jonathan disfrutaba da compañía dalgunha discreta dama...ou da mesma...o caso era que na mansión somentes estaban a consabida parella...polo que unha calma inusual adonárase por completo do enorme caserón...só aquel ruido de relinchos e ferraduras rompera a quietude solitaria en varios centos de kms a redonda...
Unha vez que o Sr.Clarke tivo os dous pés instalados na horizontalidade lineal onde morría aquel meandro de peldaños e pasamáns de nobres madeiras e metais dourados... frenou, aferrado aínda coa man dereita ao final do susodito apoio de ascensos e descensos... novamente un berro, que parecía nacer das entrañas da terra...da escuridade máis absoluta...das profundidades dalgún dos avernos posibles...cruzou coma puñal pozoñoso o corpo estremecido e descalzo daquel home, atado por lazos invisibles a un pasamáns, que parecía ser o único contacto co outrora mundo real...aquel obxeto sinxelo e consuetudinario...era agora o derradeiro punto de apoio dun corpo sem ánima...dun mundo que por un tempo sem medida...deixara de existir ou cecais non existira endexamáis...Aquel home sem temores coñecidos...non era máis que unha lembranza de sí mesmo...un títere sem cabeza...un reflexo absorbido pola pedra no espello...
Os seguintes minutos...na vida de Jonathan Clarke...marcarían para sempre a evolución dun home marcado a ferro...cunha marca que ninguén, nin nada sería quen de borrar...unha marca que levaría con él ata a súa derradeira morada...que o acompañaría da man ata o seu derradeiro suspiro...enchendo os días e as noites...os meses e os anos...daquel ser atormentado...de mirada perdida...e xesto severo...un home sen idade definida...de ollos insondables e corazón alonxado do resto do mundo...un home só...
atrapado no enigma de sí mesmo...Algo se instalara para sempre no seu interior...
Jonathan Clarke...pareceu espertar de súpeto dun profundo e descougante sono de súor xelado...coa mandíbula desencaixada e os ollos empañados pola amargura líquida que xorde das iagas máis profundas do ser...das zoas abisales que ningún home cabal osa sequera achegarse...para seguir sendo cabal e seguir sendo home...no meio dos homes...
Cando recuperou unha mínima parte da propia concencia de si mesmo, atopábase, cunha torpeza que nunca coñeceran as súas mans...acostumadas como estaban a pianos, prumas e corpos de delicada tenrura aprendida...intentando abrir as portas daquel enorme armario de castiñeiro tinguido de marrón glasè...coa torpeza dun neonato que descobre por primeira vez as posibilidades enormes de tan singulares extremos...parecía un espectro, unha sombra distorsionada ...un home desprendido da súa humanidade...un home perdido na inmensidade impensable de catro paredes...Qué se esnaquizara por dentro naquel corpo regado de sangue xove e vida regalada, en qué momento a razón deu paso a loucura...naquel raciocinio sustancialmente empírico...qué fixo que o homo dera paso ao lunático...?
Unha vez aberto aquel armario...Jonathan Clarke, foi espertando do pesadelo... recuperando a medias parte do alento fuxitivo...reubicando obxectos e obxectivos...sendo en definitiva un pouco máis...Jonathan Clarke...aínda que aquel que regresou de tan lonxe, xa nunca voltaría a semellarse a sí mesmo...Amarrado a falsa seguridade dun mosquetón, un tanto arcaico, de resonancias de pólvora e sabre...regalo dun pariente da súa nai,sem descendencia coñecida, emigrado tempo hai as lonxanas terras de America do Norte...home intrépido de reinterpretada valentía, segundo as pouco imparciales crónicas familiares...que fixera grande fortuna co comercio de ultramar...fletando buques de mercadorías a un lado e outro do Atlántico...sin unha referencia clara ao tipo de percal que transportaba...adicado con seguridade ao tipo de comercio nacional por excelencia...o servicio absoluto os intereses nacionales da súa Maxestade...É dicir un pirata de corpo enteiro...morto en condicións que ninguén se molestou sequera a tentar precisar, sendo unha parte da historia da que ninguén parecía poder sacar algún tipo de satisfacción , nem sentimental nem crematística...coa seguridade de que algunha escura mazmorra caribeña ou aloxamento de circunstancias similares servise de preludio a derradeira morada de tan singular persoaxe...que casualmente "colgaba" de varias das paredes familiares, suscitando mil e unha historias de falso abolengo...daquel filibusteiro descedente de zapateiros remendóns galeses durante varias xeracións, que a día de hoxe niguén parecía disposto a lembrar...facendo gala dunha memoria selectiva moi propia daquelas terras de la Gran Bretaña...
Con tan anacrónica peza de museo clavada as costelas, os dedos brancos da presión exercida, a mirada desenfocada nun máis alá de paredes...avanzou con lentitude hacia o abismo que se abría tralos goznes dunha porta que separaba os dous mundos, na mente obnubilada dun Jonathan Clarke instalado na tensa desesperación do medo invisible...do temor descoñecido...O que alí aconteceu aquela noite...non aparece en ningunha crónica oficial...os informes policiais, si os houbo, desapareceron da faz da terra...nos arquivos eclesiásticos, especilamente cuidadosos con este tipo de temática...nin unha soa mención ao suceso en cuestión...pero os homes sinxelos non esquencen...con facilidade...Durante moitísimos anos ninguén foi quen de cruzar aquelas terras nas noites sem lúa...e as portas das casas agardaban a luz da mañán para liberar as trancas, incrustadas a forza de martillazos nas entradas dos fogares daquela xente temerosa de Deus e das cousas que non se lle pode dar nome...por que ninguén ousa nomealas...mirando para outro lado cando algún curioso forasteiro fai incómodas preguntas...que tal vez non teñan resposta...ou de tela, mellor será non coñecela...
Un vento xélido do Sureste, moveu os cabelos daquela figura que antaño pertenceu o que fora un tal sr. Clarke...a cabeza xirou de forma mecánica a dereita e esquerda...logo como movido por unha forza sobrenatural...deu pequenos pasos, coa lentitude que imprime a medias a cautela e o medo...dirixíndose con paso dubitativo hacia as cabaleirizas...atraído por un invisible resorte...encauzando cada paso, hacia aquel mar que agardaba...Unha escuridade espesa, derramábase por tódolos recunchos, por todas e cada unha das fisuras que ramas, pedras, cancelas...deixaban ao descuberto...Aquel percorrido non necesitaba de luz algunha...estaba grabado nos trinta e dous anos dos que Jonathan Clarke fixera uso e disfrute ata ese mesmo instante, en que alongou a man esquerda, namentrala outra apretaba com máis forza si cabe...o esqueleto daquel vello mosquetón contra o corpo enrugado...abriu con certa dificultade o cancelo que daba paso as cortes...xirou, noventa graos hacia onde morren os días ...somentes foi quen de discernir formas imprecisas...cando aquel lóstrego alumeo co seu exceso de luminosidade eléctrica...todo o que cabía en cen metros cuadrados...O espéctaculo de sangue e vísceras ciscadas eiquí e aló...a brutalidade implícita en cada porción de vida arrincada, alongaba a nauseabunda sensación espiritual e física...atorando tódolos sentidos...Aquela escea dantesca...abarcaba todo o posible e imposible...apretando ata a asfixia...a gorxa seca e inmóvil dun deserto sem vida... incapaz sequera de articular o son máis primitivo...As cabezas dos cabalos aparecían degoladas exhibindo as cuncas oculares coma pozos sem fondo...coroando a imposible cuspide dun punteiro afilado de bermello con restos de unto ainda quentes...que debuxaban unha espiral de bafo apenas perceptible...pernas, bazos, e cachos indefinidos...garabateaban parte do xardín...nunha linguaxe xorda de mensaxes sem descifrar.. as paredes parecían berrar sangue e dor...salpicadas por todo tipo de líquidos e fluidos internos, xa inservibles...e coroando toda a escea...o corpo horriblemente mutilado do vello Bartok...as extremidades e a cabeza separadas a unha cuarta do tronco...arrincadas de cuaxo (a forza)...con músculos, osos e centos de terminacións nervosas estiradas ata tronzar...goteando... pinga a pinga algunha escura deuda...máis alá do tempo e da razón dos homes...Isto, detalle a detalle...foi o derradeiro que observou aquel corpo inerte...atopado a mañá seguinte, nun estado catatónico de amnesia traumática severa...cando a súa compañeira...percibiu a frialdade con que a outra banda do leito amoroso...invadía sem tenrura o calor daquel corpo falto das caricias e atencións acostumadas, e por boas votadas en falta, como sería menester do beneficiario agradecido...
Linda Glamboury....alongou o seu fermoso brazo espido coroado pola beleza feminina e mimosa dunhas mas coidadas ata os límites do particular esmero...mans gráciles e miudas...enxoiadas coa elegancia e a discreción coa que trataba a dama...todo tipo de asuntos...Pero ninguén respostou ao outro lado do colchón...pois ninguén había...
Víctima dun espertar caprichoso, acostumada a agarimos de continua recepción...Linda pasou do sorriso acaramelado a decepción máis absoluta,...dando a espalda ao vacío paralelo no outro lado do leito amatorio, de malos modos, que non modales, e algún que outro reproche afogado pola saída a medias dun bostezo improvisado, esquencendo agravios persoales que noutro momento arranxaría satisfactoriamente..., Pasados uns minutos de pracenteiro sopor...un segundo intento de aproximación de similares consecuencias...cun resultado parecido, o que desencadeou o rexurdimento magmático incontible.. que foi ascendendo os poucos, dos pulmóns ata a gorxa coa furia da beleza ofendida na súa máis profunda dignidade...Cando aquela frase mecánica mil veces ensaiada debuxou unha mueca, mohín incluido, na xeometría dunha boca con restos de carmín...Linda G. non atopou destinatario para os seus reproches e queixumes variopintos...quedándose a medias...bocaberta, brazos en xarras...cun interrogante na mirada para o que non atopaba resposta...coma si de repente todo o seu descontento se solidificase nunha figura marmórea de liña crásicas e escorzo forzoso...
Cando recuperou a calor do corpo...mirou de soslaio a fiestra de cortinaxe translúcido branqueciño...por onde se filtraban tragos de mencer... a pesares do frío, e de tratarse como se trataba dunha hora intempestiva para o curriuculum dunha dama que se preciase...puxo de mala gana e con desidia o camisón de rosas encarnadas...fermosas rosas de beleza espida...sobre fondo branco..de vaporosidade insinuante e sinuosa...con que a dama se armou para enfrentar un descenso obrigado na percura dos reproches a un amante que estaba rozando a máis airosa desconsideración...pois si o que estaba...e máis lle valía que así fose, era preparando un romántico e maravilloso tentempé...para atacar debilidades de carácter inoportuno...cecais, e somentes cecais, amáis de conseguinte compensación de carácter negociable...podería...no caso remotamente improbable...que así o considerase oportuno...otorgar con excelsa magnimidade un perdón con condicións...facendo gala dunha predisposición innata ao esquencemento de agravios convenientemente compensados...sempre coa suficiente dose de dulzura...
Desta guisa, Lisa G., coma moitas horas antes...Jonathan Clarke, escomenzou o descenso, de igual maneira pero formalmente distinto...descalza, acometeu os peldaños de dous en dous, sem precaución algunha...había algo de xogo infantil na maneira en que acariciaba o pasmáns namentras alternaba cada pé...nunha baixada con coreografía ao gusto da época que apenas durou uns segundos...
Era Lisa G. unha muller leda...un ser despreocupado, de epicúreas/hedonistas motivacións ? Poderíamos dicir que ese esbozo...encaixaba a grandes rasgos coa imaxe que a moza proiectaba exteriormente...como unha armadura que ocultaba belicosidades moito máis profundas das que aquel ser encantador daba a entender...Lisa G. voltou a experimentar esa rabieta interna da decepción máis banal...que a presteza dun manto lúgubre de escuras premonicións...cubriu ata trocar aquel inocente sorriso...nunha mueca de preocupación, atizada polo escuro azote, dunha ansiedade coa que tratou en vano de espantar os pensamentos que asolaron o despiste co que aquela xoven dama paseaba polo mundo...
Ante aquel, agora ameazador silencio, Lisa G., experimentou na súas propias carnes un agobio asfixiante...De repente aquela cociña deserta...parecía estreitarse máis e máis ata abafar cada movemento...aquel medo invisible...pouco tiña que ver coa vida...era como si todos os medos que agardamos pechados na parte máis inaccesible do laberinto meníngeo que somos nós, se destapase aniquilando toda posibilidade de raciocinio...Un escalofrío, percorreu a espiña dorsal...erizando cada poro daquel mapa lunar que remataba nun misterio de ollos verdes....cando outro relámpago fixo empalidecer as paredes da estancia....Nunha especie de tolemia nerviosa...sentiu o tacto frío dunha corrente de aire...que percorreu cun escalofrío ascendente cada vértebra ata mover como un susurro os cabelos que vertían en cascada sobre aqueles hombros níveos, levemente alzados nun signo de preocupación...axitando ao seu paso, unha a unha, cada rosa encarnada...trala que se abría aquela porta, nunha invitación velada que arrastrou a ánima desencaixada de Lisa G. ata o derradeiro lugar no que desexaría haber existido...os pés triscaron na gravilla húmida do lusco e fusco...ata que un berro rompeu o silencio da noite sem estrelas...logo outro berro...e logo outro...e outro...e outro...e outro...e outro máis...e así ata o final dos seus días, purgando algunha culpa que nunca puido coñecer...
Anonimacrónico
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
3 comentarios:
Gustarianos saber máis dese Jonathan Clarke e da súa parella esa noite, e dese familiar bucaneiro de triste final.
O Anonimacrónico fai gala dun incríbel dominio da técnica prosística , nun relato apabullante tanto pola súa calidade formal coma pola súa intensidade narrativa...cecais xa temos un clásico en vida...¡
( 100.000 ejemplares vendidos) La Imprenta .
Ummmmm muy interesante este relato
Publicar un comentario