Estiven pensando en Lois todo o día e non salo do meu asombro: un home tan..tan ben armado cabalmente, cunhas súas sinapses... tan brilantes!...e agora así tan fora do razoable...
Normal, normal nunca foi, mais ben algo sesudo e terco coma un muro de formigón pero era listo coma o demo...un científico! ..discutiamos moito, cousa algo insoportable pois nunca, endexamais quería ter as de perder..."todo está reflexado nas fórmulas",dicía, "experimentacións e cálculos metódicamente desenrolados...o que se dí, baseado nos feitos científicos e non nas bobadas que dás que ti falas..escolliches mal túa carreira, non ten un ámbeto de estudo definido e así estás...sen oficio nen beneficio querida".
Comprenderedes doadamente que facía que xurxiran en min instintos asasinos terribles de conter pero vingábame fadéndolle crer que non lograba amolarme , así, se enfadaba mais e mais pois sabía que comigo non podía. Sempre buscaba discutir...sen fin, e era algo do que eu fuxía pois endexamais quitába nada en limpo tan so crispación.
A pesar de todo era meu amigo e adoraba que me expricase no que andaba metido, por onde ían suas investigacións, abraiábame sua mente preclara.
Numerosos son os premios que recibíu...por iso agora me apena tanto o que lle sucede. Todo comezou fai un par de anos, xa traballaba na universidade e era respectado en toda Europa, falábase del alí por onde eu ía. Sentíame sumamente orgullosa e contenta ...pero un día , un de tantos venres nos que nos xuntábamos para cear e charlar me dixo con voz susurrante e de xeito misterioso que acababa de comezar coa investigación da sua vida, o traballo mais importante que ninguén neste mundo encamiñara e que sentíase embriagado de emoción con cada achádego que acadaba. Eu estaba atónita, e contaxiada do seu entusiasmo lle pedín que me contase todo. E así foi, a cada unha dás súas verbas meu ceño engurrábase mais e mais, non me deixaba dicir nada, falaba de seguido sen pechar suas pálpebras...estaba fora de si. Amosoume tódolos seus debuxos ( fascinantes pois era unha arte que entre outras tamén dominaba), fórmulas, expricacións axiomáticas que deductivamente me ía desenrolando ate as súas derradeiras fundamentacións, todo era un armazón argumentativo que ía alén do científico, alén da realidade...tentei dicirlle que estaba xustificando cousas das que non tiña proba empírica e el enfurecíase dicíndome que os razoamentos que me estaba amosando eran mais que suficintes...que eu coma sempre estaba empantanada no formalismo e que este me cegaba ante o arrebato dos seu escritos. Saíu enfuerecido do cuarto e cal Arquímedes vitorioso alonxouse dicíndo entre alaridos que dera coa fórmula que desvelaría a realidade...
-Pero LOOOiiis, as PANTASMAS-NON-EXISTEEEENN, non exiiiiisten!, onde está o "home de ciencia" que tanto me criticaba?
E el escabuíndose me dicía :
-anda, vaite ti e os teus pensadores cheos de po, o po do esquecemento, a tomar ventos do norte!!
(...)
Agora pasa as tardes na súa butaca mirando ó infinito e movendo os seus delgados dedos no aire coma quen traza un mapa, un esquema, un...sensentido. Outras veces achégome a el ,o cal, cos ollos cheos de bágoas dime lúcidamente no seu desquicie:
-"Descubrínno amiga miña, ...descubrín a esencia φάντασμα (pantasma),...a fórmula da aparición, a esencia das almas desencarnadas, o ser espiritual metafísico...hai vida trala morte amiguiña."«a tarefa debe facerse difícil, pois só a dificultade inspira os nobres de corazón».
Tras este esforzo esvaíase desalentado e sumíase nos seus soños precientíficos. Eu tan so lle podía subir a sua mantiña e taparlle as manciñas, cubrilo do frío do inverno no que andaba metido.
Constantin Constantius
20 ene 2009
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
4 comentarios:
Deus¡ canta xente pereceu na busca do etereo ¡¡ pero a aventura debe continuar ¡¡¡ Noraboa por ser @ primeir@ en abri-las portas do mundo pantasmal ¡¡¡
Ánimo os demais ¡¡
Intrigante relato que nos mete na pel dun home de ciencia...que nun momento da súa traxectoria vital traspasa os límites do empíricamente racional...
Un clásico do terror, renovado e revalorizado...
Tierno, estremecedor! qué gusto volver a los Clandestinos. Anabel Lee
Francamente é un relato moi ben escrito, un vocabulario exacto y elegante. Unha historia moi interesante. E un desenlace.... Todo pode ser cierto e non por eso explicable.
Publicar un comentario