25 may 2010

" De como Flavius Minancus gañou a batalla do viño na Gallaecia "

Hoxe , pasado tanto tempo , tantas lúas e tantos soles , hoxe xá ninguén se lembra do vello Flavius Minancus , aquel adegueiro da parte de Magnus Soutus que disque a fixo boa naquel tempo do ocaso do Imperio. E como o disque é primo do seica .....
Seica que no ano 417 do Noso Señor , gobernaba a Gallaecia un tal Gordiano Severo , un recén chegado da soleada e morna Tarraco , que a moi disgusto se atopaba no seu novo destino , nesta provincia tan húmida e embrutecida e tan lonxe da fastuosa vida social da súa Civitas natal.

Moraba Gordiano en Lucus Augusti , unha cidade desas tan tristeiras do norte do Imperio onde a diversión escaseaba e o aborrecemento era o estado natural das cousas. Tan só algunha probe representación teatral de Troia na época estival conseguía sacalo do tedio.
A parte disto , seica ó gobernador era moi aficcionado a cabalgar pola mañá co seu corcel arredor da muralla tal coma se estivese no circo romano , corría e corría ata reventa-lo cabalo , pero aquela mañá perdeu o control da montura e caíu ó chan enredado nunha silveira , provocando as risas das lavandeiras da cidade....

8 may 2010

Novo Tema de Maio


O VIÑO / EL VINO