Desgraciadamente, ningún dos alí presentes foramos preparados para o que ía acontecer.
Gracias a amabilidade da anfitriona, namentres sacaba velas nun intre, fóronse iluminando todos os recunchos da habitación.
Antes daquela noite, todos os convidados comentaramos, nalgún momento, o noso temor á escuridade: nunha taberna o Señor Smith, nun salón de té a Señora Robertphone, e así sucesivamente, todos deixaramos ó descuberto a nosa animaversión pola incertidumbre do oscuro.
Razón de mais, pensou a anfitriona, para proveer de velas cada habitáculo da casa.
Aquela noite chovía coma sempre, venteaba coma nunca, e as pólas das árbores chocaban arítimicamente contra os cristais das fiestras, recordando ós invitados que a tranquilidade a carón da mesa da cea, era un paréntese na caótica metereoloxía.
Lamentando a repentina ausencia de luz, a anfitriona levantouse de súpeto e, sen esperar a que o terror embriagara ós seus invitados, sacou dun caixón do boureau un feixe de velas.
Luz cálida, e tranquilizadora inundou a estancia pouco a pouco.
A medida que as velas ían acendendo, os alí presentes votamos un folgo de alivio, deixando sair o medo que todos escondiamos á ausencia de luz: un tras outro, ata que a habitación recuperou a calidade de antes.
Ninguén pensaba naquel entón que a cara de medo do Señor Smith, recién iluminada gracias á vela situada ó seu carón, tivera algo de especial.
Para todos era evidente que o xesto agónico tiña que ver co momento de escuridade anteriormete vivido…sen embargo…a faciana do señor Smith continuaba pálida, cos ollos abertos coma dúas lúas, dirixidos directamente á vela veciña que iluminaba a súa cara
Ollando entón para a vela en cuestión, para os fíos vermellos que dela caían, e para o charco de sangue que a mesma deixaba no chan, distinguindo o cheiro a porco queimado, todos nos decatamos da razón da angustia do compañeiro, e agarrando a man da persoa que se sentaba ó seu lado, a Señora Robertphone exclamou:
Esa vela non ten cera!! Está feita de vísceras,….¡está chea de sangue!...É… ¡¡é sangue!!!
....dende entón todos nós preferimos a escuridade...