17 ene 2010

Poe no Monte Faro


Un día festivo nun inverno gris estás só e desacougado , e entón non o o pensas , colles as chaves do coche e escapas da casa dun portazo , e concuces , conduces pensativo polas estradas secundarias baleiras do país.....

Abres a ventá , a paisaxe desoladora , o frío húmido acentúa a tristura da túa persoa , paras a mexar nunha cuneta , ó teu carón tres corvos están pousados nunha cincenta carballeira mirandote de esguello. Císcaslles unha pedra e vanse....

E cruzas ducias de vilas de pedra pantasmas aplastadas por un pesado ceo branco , segues e segues e abres a ventá de novo porque abafas , o neboeiro penetra no teu vehículo e non podes respirar e tuses.....e tes que parar , e andar...andas e te arrastras e subes un monte , e chegas a unha ermida xa de noite....Na completa soedade do lugar ves algo que te chama a atención na porta da igrexa , e alí hai unha coroa de flores , e o teu espiñazo erízase , porque podes ler que a coroa leva escrito o teu maldito nome en letras góticas......

4 comentarios:

Redes Chronicle dijo...

Alrescate...volve a carga con un espeluznante relato que non deixará a ninguén indiferente...fozando nos medos primixenios do ser humán...
Imprescindible...

Ana Gesteira dijo...

Claro, conciso e polo mesmo, acojonante (porque acojona). Non hai lugar ás dúbidas poéticas: o final está ahí. Moi bo, Alrescate, moi bo.

Ana Gesteira dijo...

Claro, conciso e polo mesmo, acojonante (porque acojona). Non hai lugar ás dúbidas poéticas: o final está ahí. Moi bo, Alrescate, moi bo.

Dálmata dijo...

Para loquear,un deses pesadelos dos que non se podes fuxir.