En camisola, cos brazos caídos ao longo do meu corpo achegueime á ventá do cuarto do meu neno, só víase o cemiterio, tan baleiro e quieto coma sempre, tan frío, escuro,calado... coma sempre. Non había ninguén na rúa, só sopraba o vento, que incesante percorríaas asegurándose de que reinase a soidade. Sabía que tarde ou cedo me quedaría soa, pero a anguria apoderouse de min, o estómago, estrangulado coma se tivese fame, dicíame que saíse fóra diso que algún día foi o meu fogar.
Nas escaleiras estaba venres pero non parecía el, agora o meu gato era completamente negro, non se inmutou, só víame fixamente, coma se me odiase por algo. Escoitaba a súa respiración ,profunda, coma se lle custase ...a min tamén me custaba respirar, pero continuei baixando as escaleiras, devagar pois sentíame agarrotada.
Na rúa un vento cálido impactou comtra o meu rostro, coma se se estivese a chegar unha tormenta eléctrica a humidade e a calor facían de voceiros de algún terrible suceso.Estremecinme pero seguín camiñando; decidín ir á casa dos meus pais: baixei a costa . Diante do cemiterio que separaba a miña rúa da súa detívenme, o silvido murmurante do vento ocupaba a noite toda.
Miña camisola mexíase ao compás daquela melodía infernal. Non puiden evitar o sobresalto cando o hilarante berro dun corvo parecía advertirme dun mal presaxio, sorprendeume o seu enorme tamaño a sua relucente negrura...parecía irreal, a pesar deso ,do sinuoso movemento das velas, da miña anguria... seguín camiñando, se algo malo me ía suceder o mellor sería enfrontarme a elo.
Miña camisola mexíase ao compás daquela melodía infernal. Non puiden evitar o sobresalto cando o hilarante berro dun corvo parecía advertirme dun mal presaxio, sorprendeume o seu enorme tamaño a sua relucente negrura...parecía irreal, a pesar deso ,do sinuoso movemento das velas, da miña anguria... seguín camiñando, se algo malo me ía suceder o mellor sería enfrontarme a elo.
De non ser polo vento a quietude era inquietante, non había ninguén por nengures. O portal do edificio dos meus pais estaba aberto, entrei e subín as escaleiras cabizbaixa, impregnadas dun forte olor a vello, humidade, mofo... ao chegar ao terceiro andar, e cando levantei a cabeza puiden ver a hierática figura das veciñas, tamén en longos camisóns cos seus moños desfeitos caéndolles o pelo fino e gris sobre os ombros, estaban como ausentes no relanzo, miraban como hipnotizadas cara ao interiór da casa dos meus pais. Pasei diante delas e entrei. Non había ninguén, a casa baleira só albergaba un ambiente cargado. As ventás non deixaban ver o exterior, un denso baho cubríao todo. Saín ao relanzo pero as dúas anciás xa non estaban, entrei na súa casa aberta de par en par, tan só chamoume a atención o oscilar do péndulo do reloxo do seu salón, o máis estraño era que as agullas estaban paradas. Sentinme soa, ante un tempo que transcorría dende a máis atroz quietude. Estaba soa e sabía que isto era tan só o preludio dun fatal desenlace, o meu corpo estremeceuse e o meu estómago volvía estrullarse ante tan anguriante perspectiva.
Saín á rúa. A sensación de anguria facíase insoportable, presentía a miña morte pero non sabía como afrontala, nada nin ninguén existía, estaba soa, o meu neno fórame arrebatado e no meu interior un pozo profundo exhalaba unha mestura de sabor a mofo salgado. Estaba no medio da rúa, a un lado o cemiterio, ao outro o negro monte, as miñas pernas paralizáronse:
que sentido tiña xa nada ante tan absoluta soidade?
qué sentido tiña soportar tal absoluta tortura?
que sentido tiña xa nada ante tan absoluta soidade?
qué sentido tiña soportar tal absoluta tortura?
Pechei os meus ollos,
abandoei o meu corpo...
cedín ao medo...
Vigilius Haufniensis
4 comentarios:
Baixo este singular seudónimo...o autor regálanos un fantástico relato coa dose perfecta de intriga e poesía...elementos que contribúen a creación dunha atmósfera anguriante que o devora todo...paseándonos da man ata o desenlace inevitable...
Lectura obrigada con tódolos elementos para convertirse nun clásico do xénero...
Mamaaaaa.....qué medo, que angustia nocturna,..A soidade, a inquedanza,...bufff!!! Moi bo,...
Os fans do terror están de noraboa coa aparición en escea de Virgilius H. cun relato de alto voltaxe sensorial que abre as comportas do dique dos medos atávicos....
Está claro que non é recomendable pasear polo campo das redes ¡¡
Estupendo,xenial, un relato con todos os ingredintes dos vellos clásicos.
Publicar un comentario