Foi nunha noite dura, senteime no peldaño da escaleira de fora. Son un perdedor, pensei.
A noite anterior, ela, acompañada do señor brilo da lúa, dixérame Hola, e Adeus. Nun abrir e pechar de ollos noite coñecera ó meu amor, e perdera o que na miña vida sentira. Canta miseria con gusto a mel.
O amor é así, xusto, coma comer un pastel de mel, sentado nun campo de fresas, para sempre,…vendo o amancer, sentindo o sol acariciando a miña cara: Aqui chega o sol, Bos días, luz do sol! Parecíame entón que aquí, ali, en calquera lugar …incluso a través do universo,…en tódolos lados sentiría o meu amor por ti, todos xuntos, agora…e...eu quérolle...
Sen embargo, agora sei que é mellor que non, temos que esoconder o noso amor,…non sei se serei capaz,…quizás cunha pequena axuda dos meus amigos,…Non vou ter medo de decir: socorro.
Ela está deixando a casa, e eu, sentado no peldaño da escaleira estou esperando ó taxista, namentres que a miña guitarra chora. Algo na maneira que ten de moverse faime pensar que todo vai cambiar.
Un home sen ritmo.
5 comentarios:
Conmovedora historia...mel nun campo de fresas...e unha lágrima que esbara entre acordes...Blues,blues...come me gusta o blues...
Relato multimedia tremendamente orixinal ,que leva ó blog por novos derroteiros tecnolóxicos...
Incrible!. Menudo desplegue de imaxinación e medios... Explorando as posibilidades que ofrece a escritura na web, o home sen ritmo deu un paso máis cara a innovación sen abandoar o seu bo facer literario.
Bicos
combinando a arte dos escaravellos!! excelente maneira de deixar virar este vinilo!
Marabilloso relato e marabillosos enlaces. OS BEATLES Ohhhh!
Isto si que é facer ben as cousas.
Noraboa compañeir@! e, pola conta que nos trae, a seguir facendo disfrutar aos demais.
Publicar un comentario