A Doutora Saphir Yin do comité arqueoespacial de Trantor arqueou as cellas e por fin sorríu cando recibíu a onda magnética de Liz. Tres longos anos estándard lles levou desvelar os segredos daquel maldito disco negro de material petroquímico.
Chegara a aquel olvidado planeta azul do cuadrante Gadotan 005 coa súa equipa arqueoespacial de nova xeración , pero aínda así fora unha campaña durísima , baixo condicións extremas de hipertornados e risco de macromaremotos .
Aquel planeta deserto fora abandoado hai centos de miles de anos estándard , e non era de extrañar pois os seus traxes antirradiación alertaban duns niveis inusualmente altos para aquel tempo.
A doutora Saphir tiña a encomenda de atopar algún indicio sonoro ou visual daquela antiga sociedade pre-atómica .
Aterraron a nave Bobbitt nunha península en contínua fricción con outro continente , isto producía o efecto Bemolesshaft , no cal unha enorme superficie do subsolo afloraba na superficie , ideal para catas arqueolóxicas.
Sabían de antemán que ía ser unha complicación de nivel 9 rescatar un documento servible , e iso quedou confirmado durante sete anos de traballo inútil . Sacaban e sacaban centos de discos plateados do tamaño dunha man e tamén unidades moi elementais de almacenamento de datos, pero todos estes primitivos artefactos revelávanse mudos ante a nosa tecnoloxía por mor da súa baixa calidade.
Ata o día en que Dora Ahoj , a manipuladora da sonda megamagnética petou na súa cabina cun disco negro nas mans , e era efectivamente meirande ca os demais e e constaba duns extranos surcos na superficie , parecía moito máis sofisticado tecnolóxicamente , e cecais pudiera falar. Insertánoro no Arqueomegalector Nadia2000 e este reproduciu uns sons desgarrados que a turbaron.
Saphir non era arqueolinguista , así que retornou á capital Trantor na busca de Liz Hauzong , experta na materia.
Como diciamos o principio , tres longos anos lle levou a Liz descifrar aquel disco , e tan só cinco microhoras lle levou a Saphir aparecer no seu laboratorio , e ben? Preguntou.
Tan só puidemos descifrar unha moi pequena parte del, síntoo , trátase dunha língua das chamadas europeas , garda reminiscencias gramaticais co dialecto Espang , falado no planeta Asturien do seu mesmo cuadrante…. A Saphir podíanlle as presas , e pediulle que lera o que atopara.
Ben , básicamente di isto, leu Liz:
“ Que hace una hembra como usted en un lugar espaciotemporal como este? , ¿ Qué clase de aventuras (pruebas de valor) ha venido a buscar (o está tramando)?”
A Saphir iluminóuselle a faciana , deste xeito puido constatar o que intuía , naquel planeta houbera unha guerra de sexos nunha situación pre-atómica. Estaba convencida de que este disco era a proba dun interrogatorio , cecais esta muller fose unha espía e estivese infiltrada tra-las lineas inimigas do varón….
Entristeceu o imaxinarse a súa condena , pero exclamou:
Que bó foi acabar con eles ¡¡
Liz asentíu.
3 comentarios:
Volve o derradeiro premio Nebula cun apaixoante relato cargado de ironía...onde unha vez máis deixa ó descuberto coa sutileza que o caracteriza os avances tecnolóxicos de chamada grande civilización...Imos hacia diante ou imos hacia atrás ?
A historia fiabilidad ou entretemento colectivo ?
O futuro será monotemático ?
Altamente recomendable...
Gústame, gústame moito. A túa maneira de narrar, a historia de ciencia-ficción onde o pasado pode ser futuro (2001 foi unha odisea no espacio?). E cómo nos entenderían as arqueólogas do futuro a través dos nosos restos,...Moi bo, moi bo,...¡qué gusto voltar a leros, Clandestinos!
Antropoloxía tinguida de etnocentrismo...o mal da meirande parte de analistas...e visto dende a irónica e punzante pluma do noso grande escribinte...menuda mistura!!!
Publicar un comentario