25 abr 2009

Punto cero

Levaba moitas horas deambulando dun a otro lugar, non sabía onde ir, que facer…non sabía que ía ser de min a partires deste momento tan inesperado pero crucial da miña vida. O que tiña claro é que nada voltaría a ser coma era antes…nesa angustiante sensación de morte que ten o cotiá, angustiante sensación que agora voto tanto en falta que surxe nas miñas entrañas unha fachendosa inquedanza que sen permiso me percorre. Non teño medo, non é iso, é a novidade que se presenta ante min coma un abismo que desexo pero ó que non sei como acoller dada a súa total e absoluta penumbra.



Levaba moitas horas agardando un sinal…e nada. O mais curioso é que non tiña remordementos, seino por que non fixen reconto da miña vida pasada e sobre todo dos últimos acontecementos , soio agardaba cunha actitude marcada pola tábula rasa da miña mente.Estaba nun punto cero do meu existir e non tiña medo…soio esperaba, unha espera coma a do neno que nada sabe, que nada lle marca e todo lle é grande..creo polo tanto que era feliz… sí , por primeira vez na miña vida era feliz.
Levaba moitas horas liberada e sabíame tal pero aínda non sabía que facer coa miña liberdade, supoño que era demasiado grande para arroupala coa calor do meu peito…tiña que facela a min, moldeala e transformala. É tarefa difícil tendo en conta os séculos e séculos de vida guiada. Non teño medo, estou en min mesma, satisfeita, feliz, determinada
a ac
tuar.
Levaba moitas horas deambulando, agardando, liberada, por iso cando me preguntaron, neguino todo, porque sí, porque era eu mesma e non me daba a gana de desvelalo meu segredo…ninguén o descubrería nunca,agora non, non me voltarán por o xugo, teño dentro de min a forza que me guiará nesta etapa tan nova da miña existencia…aínda non sei como facer pero sí sei que podo…

Se me preguntas negareino todo…

3 comentarios:

Redes Chronicle dijo...

Curiosa historia de liberación ...proxectada hacia o exterior...para culminar...nun existir distinto...os cambios na vida, na percura dunha evolución desexada...

Anónimo dijo...

Tremendo exercicio de introspección autoliberadora que leva a protagonista a un punto de fuga sen retorno....e que agochara ?

( Karol Woytila , Teoría de la Liberación )

Anónimo dijo...

Ás veces negalo todo é a mellor maneira de sentirse libre,...

Anabel Lee