Normal, normal nunca foi, mais ben algo sesudo e terco coma un muro de formigón pero era listo coma o demo...un científico! ..discutiamos moito, cousa algo insoportable pois nunca, endexamais quería ter as de perder..."todo está reflexado nas fórmulas",dicía, "experimentacións e cálculos metódicamente desenrolados...o que se dí, baseado nos feitos científicos e non nas bobadas que dás que ti falas..escolliches mal túa carreira, non ten un ámbeto de estudo definido e así estás...sen oficio nen beneficio querida".
Comprenderedes doadamente que facía que xurxiran en min instintos asasinos terribles de conter pero vingábame fadéndolle crer que non lograba amolarme , así, se enfadaba mais e mais pois sabía que comigo non podía. Sempre buscaba discutir...sen fin, e era algo do que eu fuxía pois endexamais quitába nada en limpo tan so crispación.
A pesar de todo era meu amigo e adoraba que me expricase no que andaba metido, por onde ían suas investigacións, abraiábame sua mente preclara.
Numerosos son os premios que recibíu...por iso agora me apena tanto o que lle sucede. Todo comezou fai un par de anos, xa traballaba na universidade e era respectado en toda Europa, falábase del alí por onde eu ía. Sentíame sumamente orgullosa e contenta ...pero un día , un de tantos venres nos que nos xuntábamos para cear e charlar me dixo con voz susurrante e de xeito misterioso que acababa de comezar coa investigación da sua vida, o traballo mais importante que ninguén neste mundo encamiñara e que sentíase embriagado de emoción con cada achádego que acadaba. Eu estaba atónita, e contaxiada do seu entusiasmo lle pedín que me contase todo.


-Pero LOOOiiis, as PANTASMAS-NON-EXISTEEEENN, non exiiiiisten!, onde está o "home de ciencia" que tanto me criticaba?
E el escabuíndose me dicía :
-anda, vaite ti e os teus pensadores cheos de po, o po do esquecemento, a tomar ventos do norte!!
(...)
Agora pasa as tardes na súa butaca mirando ó infinito e movendo os seus delgados dedos no aire coma quen traza un mapa, un esquema, un...sensentido. Outras veces achégome a el ,o cal, cos ollos cheos de bágoas dime lúcidamente no seu desquicie:
-"Descubrínno amiga miña, ...descubrín a esencia φάντασμα (pantasma),...a fórmula da aparición, a esencia das almas desencarnadas, o ser espiritual metafísico...hai vida trala morte amiguiña."«a tarefa debe facerse difícil, pois só a dificultade inspira os nobres de corazón».
Tras este esforzo esvaíase desalentado e sumíase nos seus soños precientíficos. Eu tan so lle podía subir a sua mantiña e taparlle as manciñas, cubrilo do frío do inverno no que andaba metido.
Constantin Constantius