25 abr 2009

Punto cero

Levaba moitas horas deambulando dun a otro lugar, non sabía onde ir, que facer…non sabía que ía ser de min a partires deste momento tan inesperado pero crucial da miña vida. O que tiña claro é que nada voltaría a ser coma era antes…nesa angustiante sensación de morte que ten o cotiá, angustiante sensación que agora voto tanto en falta que surxe nas miñas entrañas unha fachendosa inquedanza que sen permiso me percorre. Non teño medo, non é iso, é a novidade que se presenta ante min coma un abismo que desexo pero ó que non sei como acoller dada a súa total e absoluta penumbra.

17 abr 2009

Unas palabras a la palabras

“Lo primero – o lo único – que el creador crea es la nada, el espacio de la creación”
J. A. Valente.


Negadlo todo. Aún cuando una luz despiadada aturda vuestros ojos heridos así de negrura; cuando sin vuestras ropas el frío entumezca la musicalidad de vuestro latido; o incluso cuando vuestra carne enrojezca golpeada por latigazos de sombra, negadlo todo; con la inocencia del agua, la sobriedad del árbol o la indiferencia de la piedra… pero negadlo todo; que gire vuestro centro describiendo en el aire un “NO” jaspeado de azules; silencio esférico; mudo vértigo del verso; hermoso remolino inmóvil en la concupiscencia del papel; que gire y sea su vibración una blanca sucesión de olas que rompen en los vientres como plumas o como serpentinas.


Si os preguntan por el fuego cuya respiración melancólica arrasó ciudades, por su centro o por su memoria; si insisten en conocer las coordenadas del párpado que apagó soles y estrellas, o descifrar el tacto del relámpago que incendió herbazales de esmeralda… nada digáis sobre ello; nada sobre el gérmen de aquella ausencia que fue el pasto de vuestra plenitud.


Pero si os preguntan por el pequeño aleteo de pájaros hinchando las velas del amanecer, por el mar, por la música, por unos ojos que esculpen latidos en el vacío… entonces hablad, llenad sus bocas del néctar de los astros, sus tímpanos de mediodía, emborrachadlos de belleza, de ternura… de Poesía.


Rosebud.

30 mar 2009

EU NON FUN .


Anda vaia fotos ¡¡ , do colexio ¡¡ , ¿ onde as atopaches ?, buff canto tempo ¡¡ polos menos de 1984 , joder xa choveu eh ?....Mira mira ahí estamos ti e máis eu xogando ás bolas no recreo , que pintas ¡¡ , hostia e aquel ? aquel non é ....non era... Tomás.......(Silencio....anos e anos de silencio).

Abro o caderno de exercicios e escribo " 13 de Noviembre de 1984 " , clase de matemáticas , o Director , o Director daba matemáticas e Lengua Española , pero hoxe as 10 da mañá toca matemáticas co Director , este aprendiz de carniceiro e reducto final do maxisterio do Réxime , este energúmeno de cara colorada e bigotes finos chama por min coa súa voz chillona cáseque de muller....
- " ¡¡ Roberto , Roberto Alonso Alonso al encerado ¡¡

Méxome un pouco nos calzóns e cágome mil veces nos meus apelidos , ¿¿ Porque se ten que empezar sempre pola "A" , porque non pola "Z" ??
Levantome a presa do pupitre e cos nervios tiro a silla coa carteira ó chan , fai moito ruído pero ninguén rí ....nas clases do Director ninguén rí......nas clases do Director ninguén mira máis aló da parte metálica do pupitre onde repousan o boli , o lápis e a goma...¡ quen fora goma de cheiro a fresa¡.....

-" Roberto coge tu libreta y copia en el encerado los deberes de ayer "

Cómo sabe o moi cabrón quen fai e quen non fai os deberes ese mesmo día...un lóstrego abanea o ventanal da clase.... a saraiba amortigua o rebumbio do tráfico.

-" No los hice profesor , me olvidé "

A pesares de estar mirando abaixo, cara o núcleo duro da Terra , noto como da súa boca brota un colmillo no medio da saliva da súa porca sonrisa , noto os seus ollos sanguentos esculcando a presa , presinto o pracer que lle produce ter a vítima ós seus pes , o cordeiro preparado para o sacrificio.....
E o Director abre o seu caixón e saca a súa arma preferida , a vella regra de madeira de buxo dun metro. Pouco a pouco e dignamente remango o meu xersey e ofrezo a miña pequena man á mercede do inquisidor . Recibo o meu castigo . Choro baixo. A lección aprendida , a clase rematou.

Eu tampouco son un santo , xa o sei , teño levado tiróns de orellas doutros profesores....pero este Director.... quixera medrar tanto coma meu irmán para.... bueno non sei , nesta clase tranquila de Ciencias Sociais planifico unha revancha.....remata a clase, levántome e escribo na pizarra " Director Cavron " antes de que volva entrar o inquisidor para da-la clase de "Lengua"

Os demais nenos , asustados róganme que borre a pintada , pero xa non hai tempo , o mal xa está feito e arrepíntome mortalmente da miña tolemia ....un segundo , dous , tres e entra na clase o Director , durante dous minutos non se percata da afrenta que ten as súas costas , unha minúscula victoria....pero finalmente dase a volta ...nese intre son consciente dos meus actos , o Director inspira..

- ¿¿ Quién ha escrito esto ?? di con voz moi baixa....
Repite a pregunta outra vez , pero esta vez a min a modo individual. Mexo por min por segunda vez esta mañá....a regra de buxo axítase nerviosamente , quere entrar en acción e volve repeti-la pregunta....

- Eu Non Fun , digo finalmente.....pero non me sinto liberado....

-Pues visto que quién lo ha escrito es un verdadero asno en Lengua , castigaré al más asno de la clase en esta materia ....¡ Tomás! , el burro de Tomasiño , ven aquí ¡ , ven aquí ¡

Ó pequeno Tomás non lle deu tempo de abri-la man , reciviu un vareazo no lóbulo temporal que lle produxo un derrame cerebral . Deus non quixo esta vez deter o sacrificio . Tomás morreu ó cabo duns días.

O Director temendo polo seu cargo , ameazounos con outra morte.....e que ía dicir eu , son tan culpable coma el.


28 mar 2009

O LOBISHOME


Neguéino todo...pero xa non aguanto máis...
Chámome Xenaro é son un lobishome...pensei que nunca sería quen de confesalo...

Escomencei coma un lobishome menor, só se producía en min esa tormentosa metamorfose...tres veces ó ano...en días sinalados no calendario ...a pesares do incómodo que isto supón...a todo se acostuma un, e pouco a pouco resignéime a feroz presenza...pois namentras un é lobo todo vai máis ou menos ben...pero cando un volta a ser un home feito e dereito (isto último sucedía cada vez menos )...acaba tirado nunha cuneta...meio espido...coa roupa esnaquizada...e os osos desfeitos de tanta carreira e tanto salto, que cando un era novo...pois aínda...pero pasados os corenta...xa se sabe...a flauta non asubía cando un quere...e logo está ese terrible escozor de tanto rozarse con toxos e silveiras...e coma non a irritación de garganta de tanto oubearlle a lúa...cando non unhas anxinas coma puños...de andares descalzo polos matos e regueiros...ai!!! que un xa non está para estes trotes..

Como ía contando...pouco a pouco, se coñece que o meu esprito foille collendo o gusto a isto de oubear...pois pasei de tres puntuais datas, a tódalas noites de lúa chea...isto danos un total de...demasiadas veces nun mesmo ano...o que supoñía unha carga cada vez máis dura de levar...

A iso da media noite, mudaba nesa besta de pelo crecho...uñas afiladas...dentes longos coma coitelos...iso sí a dentadura era de primeira, nada que ver coa que disfruto en propiedade (por desgracia par min e por sorte para don Camilo, o dentista do pobo )...e ala...a roupa ó carallo...e a correr polos camiños...montes...devesas e demáis localizacións xeográficas...iso sí...sempre lonxe das casas, pois xa non era a primeira vez que probaba o calor da pólvora nos cuartos traseiros...que xa non era só a dor (que pasaba semáns enteiras sen poder sentar nin ir de ventre ), senón pola cantidade de parvadas que tiña que inventar para que don Camilo, que xa me tiña por tolo, non me internase nun centro psiquiátrico...un deses onde un entra sendo un parvo e sae...si sae...sendo dous parvos...aínda que me ía rir cando chegado o momento...lles dera a máis dun un bo susto, unha razón para non sair de alí no que lles quedara de vida...que hai cousas que é mellor sabelas de oídas que velas por un mesmo...

Moitas veces as contas non daban...e entón un atopábase sen esperalo, zoupando polas corredoiras ou outros lares semellantes detrás dunha xubenca perdida ou dunha ovella despistada...xa ceado...en plena dixestión da taza de caldo e as papas de arroz con canela, que dito sea de paso era para min o máis cercano ó paraíso terrenal...coa conseguinte complicación estomacal...un empacho de Dios y señor mío...que duraba máis se cabe...que o hoco dos perdigóns instalados onde a espalda perde o seu nome...logo o mal que me sentaba a carne crua...que sempre fun moi exquisito con graxas, peles e pelexos...que vomitaba todo o que papaba fora de hora e sen cociñar...logo que eu comer sen pan !!!

Isto que pode parecerlle unha broma a calquer soñador despistado...convertiuse nun ardor crónico e posterior úlcera gastroduodenal...que non daba saído da casa de don Camilo...que xa non sei que podía pensar ese bo home cando me sentía entrar por aquela porta, feito un estropicio, e ollándome de arriba abaixo, meneaba a cabeza dun lado a outro, namentras me dicía...Pero onde andarás ti polas noites Xenaro...nada bo...nada bo...!!! e santiguábase dúas ou tres veces, namentras preparaba tódolo necesario para remendar o que nese momento quedaba de home...pois o lobo ben que fuxira...non lle debía gustar moito iso de ir ó médico ó cabrón...

Como poden observar a licantropía tenlle máis inconvintes que avantaxes, polo menos a mín a sí me o parece...e coido que algo debo saber do tema en cuestión, que unha cousa son as novelas e contos, e outra ben distinta é a realidade do día a día...que ó fin e ó cabo eu vivo do meu traballo no campo...non de contos de lareira...nin de escapadas furtivas máis propias da adolescencia que dun home da miña idade e condición social, que aínda que non teño, queda máis de libro...

E preguntaranse vostedes...como me metín en semellante tolemia...pois non foi por motu propio, que ó mellor se me propuxeran algo semellante, igual non dicía que non, pero como non puiden elixir, pois agora quéixome con toda a razón do mundo...se é que hai algunha, que xa o empezo a dubidar...que un vólvese moi escéptico con estas experimentacións sobrenaturais...

Todo escomenzou nunha noite de San Xoán...contaba eu por aquel entonces con vinte anos, un primaveras en toda regra...cunha cara de parvo que tiraba para tras, a quen se lle contase que levaba un lobo dentro...estaría mexando coa risa un ano enteiro e parte do outro...e claro con esa cara, non catara hembra nen cousa parecida...e xa se sabe, a esa idade un anda todo o día cunha obsesión que non é normal...calquera cousa onde clava a vista, mira o que non hai...que dúas pedras redondiñas, que unhas nubes xoguetonas, que unhas follas de plataneiro...bueno xa me entenden...a natureza que sabe como encandilar a un home con certa disposición a ser encandilado...

Pois como ía dicindo, a noite de San Xoán, despois da lumeirada, co corpo quente de queimada e viño tinto...de volta para a casa, atopei coa filla de Florencio, que nun alarde de orixinalidade ...puxéronlle Flora, aínda que si de algunha fror se tratase...sería un cardo borriquero, pois era máis ben pouco agraciada...eu que non sabía moi ben como ía o conto, deixeime levar polas mans expertas da moza...que xa non era tan moza, pois debía de andar polos trinta anos, camiño de vestir santos...pero non por beatitude vocacional...como puiden ben comprobar nas miñas propias carnes...nunca mellor dito...

O certo é que cando me din conta...estaba no medio do millo, cos pantalóns polos xionllos...e movendo as caderas, presa dun frenesí acumulado do que non era conscente...varias veces repetín a maniobra...pois a verdade ben que che me gostaba...Así acabei extenuado...empapado en suor...da cabeza ós pés...polo que a devandita usufructuaria das miñas atencións aquela noite, e como premio ó traballo ben feito...deixoume unha vella pel de lobo...que foi buscar ó alpendre...para que non enfriase...pois nos seus ollos puiden adiviñar que se esperaba moito de min nun futuro non moi lonxano, polo menos namentras non espabilase, que a moza non era parva, e xa outros antes ca min pasaran a proba de fogo...xa me entenden...

Esgotado, pero contento...endereitei o camiño da casa...cada vez que pensaba no acontecido pouco antes, a emoción percorría todo o meu corpo...unhas partes alegrábanse máis que outras...pero o conxunto era de total satisfacción...xa polos miolos pasábanse unha tras outra, centos de novas fantasías...pero ainda non levaba separado unha hora e xa a miña cabeza...enumeraba unha lista interminable de beneficiarias dos meus recén estreados encantos...que tempo habería de ir facendo descartes...e de repetir senón houbera outro remedio...

Nestas elucubración atopábame sumerxido, cando espertei de golpe, decatándome que non collera chaves...eran as catro da mañá...e agora qué? Nun alarde de inxenio ou iso me pareceu a min...probei coa porta do cortello pequeno, onde Matías...o noso porco, durmía a perna solta...sabe Deus...en que lonxanos mundos de tercerilla e landras...pois nen o ruido ó forzar a porta, nen a posterior fuciñada contra o cunco de pedra, sacaron a Matías dos oníricos mundos de fartura...Alí pasei toda a noite...cuberto pola maldita pel de lobo, para non pasar fríos innecesarios, que máis valera coller unha pulmonía...de saber o que logo acontecería coa miña vida...E así convertinme en lobishome...por casualidade e causalidade, coma quen non quere a cousa...eu que sempre fun de carácter frouxo...un sin sangue...quen o ía a pensar...

E así me atopo, de queixa en queixa, resignado a miña sorte...sen poderllo contar a ninguén, non vaia a selo demo que vaiamos de Guatemala a Guatepeor...que xa me teñen por raro...sen saber do conto a metade...Agora xa non espero miragre algún...o único que espero, cando toca...é en calzóns...pois sempre tiven un grande sentido do pudor, que un podera ser o que se queira, pero as "vergoñas" deixanse para outro tipo de intimidades máis satisfactorias...tamén o fago por aforrar, que non hai roupa que chegue nin presuposto que aguante, nin fondo de armario (do que por outra banda carecía, carezo e carecerei...) coa capacidade suficiente para aguantar tanta fase luar...que o ano, nunca está contento...e veña a cambiar de lúa...agora esta...agora estoutra...e así todo o tempo...mes tras mes, ano tras ano, lustro tras lustro...que si enche e devala mares, que non fará con catro trapos mal cosidos e desgastados dos que eu podía dispoñer...catro cando non eran tres...


Foi isto, que tamén tiven que adicar horas de patacas e cebolas ó latrocinio...máis propio de mulleres (polo menos nesta categoría ) que de varóns (sen título nobiliario por suposto), paseándome ás agachadas por tódolos tendais da comarca...cun saco na cabeza...con tres improvisados buracos, dous para poder mirar algo...o que non sempre daba resultado,e un para mal repirar, sobor de todo cando máis dunha vez tiven que sair por pernas, con algún que outro vareazo adornándome o lombo...eu que sempre fun máis de estar cómodamente deitado que de atléticos pasatempos...que nin a pelota xogaba, por non cansarme...e agora véxome nestes traxemanexes...si é que canto mailo penso...máis gañas teño de que me enchan de prata as nobres aurículas e ventrículas que regan desa lunática sangue este corpo canso...que nen sequera me pertence...


Anonimacrónico

9 mar 2009

Extra!! Extra!! Cea ClanDestina!!!

Estribintes do mundo...Próximamente porémola data da xuntanza!!!